Carta dun veciño de San Vicente: «Se non fan, deixen facer»

Publicidad

Un veciño de San Vicente escribiu unha carta a quen proceda sobre o abandono da carretera de San Vicente de Leira que di así literalmente:

Eu non teño estudos nin falta que ma fai para poder opinar sobre o que está a pasar con esta carretera de San Vicente. Todo empeza sempre por cousas de pouca importancia ata que, co paso do tempo, pasan a ser un abuso. Os poucos veciños que quedan en esta aldea dou fe que sempre pagaron os seus impostos. Polo tanto, non sei por que son ignorados cando se manifestan por algo que é deles, que lles pertence; algo que construiron os seus familiares e ancestros.

Nos non pedimos nada raro, tan só algo que é noso e do que uns pasotas gobernantes nos teñen privado dende case 30 anos e, polo que se ve, sen ningunha intención de mellorar. A esta xente chámanlle «os do PP». Eu chámolle o «partido datrás», sin ningunha mala intención, tan só polos feitos.

Publicidad

Se vostedes non queren axudarnos, non nos impidan que podamos facelo nós mesmos, porque eso xa sería mala fe. Vostedes non saben o que é subir cada día por unha pista na que mais que coche fai falta funicular.

¿Quen nos paga os 3,5 kilómetros de mais que temos que facer de cada viaxe? Gastamos combustible, rodas, freno e embrague para poder chegar as nosas casas.

Eu quero dicirlles que para mín non son boa xente, pero direi que son moi abusadores e moi pouco solidarios.

En pleno século XXI, esto só pasa en esta provincia, rica en diñeiro, pero pobre pola ignorancia.

Firmado: Un veciño de San Vicente