«A Galicia que camiña xunta é a que tamén se apoia xunta» dixo durante a entrega das Medallas de Galicia
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tivo presente a Valdeorras durante o acto entrega das Medallas de Ouro de Galicia 2022, que este ano recaeron en Julián Barrio Barrio, Paolo Caucci von Saucken, Begoña Valdomar Insua, la Asociación Discamino y, a título póstumo, José Carro Otero, por a vinculación de todos eles, e exaltación, do Camiño de Santiago.
Rueda reafirmou o seu compromiso con Valdeorras para axudar a «recuperar o perdido» despois do lume que asolou o oriente ourensán. E felicitou a todos os integrantes do dispositivo contra incendios.
«Celebramos este 25 de Xullo como a festa de todas as festas… Non esquecemos a angustia experimentada polas persoas que estes días –sobre todo no Courel e en Valdeorras— viron calcinadas as súas pertenzas pola virulencia extraordinaria e indiscriminada dos incendios forestais», dixo Rueda.
Afirmou que A Galicia que camiña xunta «é a que tamén se apoia xunta. Vai ser a que prestará apoio para que os afectados poidan recuperar canto antes o perdido».
A Comunidade galega, indicou, «terá que dar e vaino facer o mellor de si ante a desgraza e o infortunio. Así o demostraron todos os que traballaron duramente estas semanas, os que traballaron en anos anteriores, todo o operativo contras os lumes -as brigadas, as forzas e corpos de seguridade, os responsables municipais- e todos os voluntarios, todas esas persoas que volveron acreditar o seu tesón, a súa profesionalidade e para os que desde aquí vai toda a nosa admiración e respecto».
Rueda profundizou no Camiño, como a gran contribución de Galicia á cultura universal– «É un monumento vivo que non se contempla senón que se experimenta, se sinte e se transmite» e no que «cada peregrino pode considerarse artífice do milagre da ruta xacobea, en unión con todos os que o precederon e con todos os que seguirán a súa pegada no futuro», engadiu.
O presidente da Xuta expresou que ninguén en propietario do Camiño, falou da identidade galega, da Galicia sen fronteiras —»Nin fomos, nin somos, nin seremos un país pechado»—, e do Camiño como «unha experiencia de vida única», integradora.
O presidente da Xunta concluiu sinalando: «Reiteremos neste 25 de Xullo que Galicia é o que nos une, e que unidos somos máis Galicia. Estamos xuntos no Camiño e xuntos tamén superaremos as dificultades que teñan que vir».