Xosé Manuel Merelles tomou posesión como director da Axencia Galega de Turismo

Publicidad

O acto estivo presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda

Xosé Manuel Merelles Remy tomou posesión como director da Axencia Galega de Turismo esta mañá, nun acto presidido polo titular do Goberno Galego. Merelles, natural de A Rúa de Valdeorras, renova así no cargo, que desenvolveu dende xullo de 2023 ata xaneiro de 2024. Durante o seu mandato Galicia bateu un récord de visitantes.

Xosé Manuel Merelles, moi implicado e defensor dun turismo sostible, racional e de calidade en Galicia, enfronta unha nova etapa con grande ilusión e capacidade de traballo nun eido no que xa conta con ampla experiencia.

Xosé Manuel Merelles é licenciado en Periodismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou en varios medios de comunicación ata chegar á Xunta de Galicia no 1991, onde foi redactor no gabinete de comunicación de Presidencia, xefe de prensa na Consellería de Xustiza e en Sogama. Desde xaneiro de 1999 ata xullo de 2023 ocupou a xefatura da Área de Comunicación da Axencia de Turismo de Galicia, momento no que asumiu o cargo de director da Axencia de Turismo de Galicia. Foi o número 11 da lista do PP nas recentes eleccións galegas do 18 de febreiro. Hoxe revalidou a confianza no posto como director da Axencia Galega de Turismo.

Publicidad

Recordamos na seguinte noticia a entrevista feita por Valdeorras de Cerca a Merelles no que fala do turismo en Galicia e Valdeorras.