O ex director da Axencia Galega de Turismo e número 11 da lista do PP na provincia di que «Ourense é unha gran baza no turismo en Galicia»
Xosé Manuel Merelles Remy cesou hai uns días como director da Axencia Galega de Turismo para ir nas listas do PP por Ourense, no número 11, para as próximas eleccións autonómicas. Volveu ao seu posto de xefe de Área de Comunicación de Turismo de Galicia. O cese prodúcese no mellor momento do turismo na Comunidade, que bateu o seu récord histórico de visitantes no 2023, un fito do que se sinte moi orgulloso.
Xosé Manuel Merelles dá este paso consciente, con entusiasmo e ganas de traballar pola súa terra. Comprometido con Valdeorras, comarca ca que non só non perdou o vínculo senón que mantén moi arragaido o sentimento de pertenza —é natural da Rúa—, considera que este territorio é unha xoia cun potencial extraordinario, cunha riqueza patrimonial e de natureza que tamén fai extensiva ao conxunto da provincia. Ourense ten moito que ver e ofrecer, estima.
Está satisfeito da súa labor ao fronte da Axencia Galega de Turismo. Coñecedor da realidade turística e implicado co futuro deste sector, considera que hai que camiñar pola senda do turismo sostible, racional e de calidade para preservar a identidade e singularidade dunha terra máxica.
Valdeorras de Cerca: Deixas o listón alto na Axencia Galega de Turismo, marchas para embarcarte nas eleccións autonómicas nas listas do PP…
Cesei porque ir nunhas listas é incompatible co cargo, que agora está vacante. Volvín ao meu posto. En sete meses que estiven ao fronte da Axencia Galega de Turismo disfrutei moito do cargo, abriume a mente para seguir coñecendo a fondo a realidade turística de Galicia. Estou moi orgulloso de que o 2023 acabase cos mellores datos turísticos da historia do turismo en Galicia. Tamén estou moi contento de que o stand de Galicia en Fitur, que celebrouse en Madrid este mes, e para o que traballei, fose premiado como o mellor expositor das autonomías, en canto deseño, atención ao público e calidade do material promocional.
V de Cerca: ¿Cal e o teu obxectivo principal dentro das listas do PP?
Traballar pola provincia de Ourense e Valdeorras, que ocupe o lugar que merece. Loitar para que siga a estabilidade que leva aportado a Xunta de Galicia actual, de avance, e que comarcas como Valdeorras poidan avanzar máis tanto social como económicamente. Penso que a miña achega pode ser importante como un valdeorrés, que aínda que viva fora, sinte Ourense e Valdeorras, e cunha experiencia ampla na Administración autonómica.
V de Cerca: Falemos de turismo en Galicia, que ten incontables fortalezas, pero ¿cal sería a debilidade?
O que detecta o sector empresarial e da hostelería é a necesidade de mellorar as conexións do transporte. Faltan conexións aéreas, internacionais, que poidan conectar mercados emisores directamente con Galicia sen ter que pasar por outros aeroportos como Madrid; que se sustancie realmente o Tren de Alta Velocidade, pois as frecuencias non son as deseadas e, finalmente, que melloren as conexións terrestres por autovía ca Meseta.
V de Cerca: Calquer territorio de Galicia é fermoso e recomendable, pero si tiveras que elixir un destino, ¿cal sería?
A provincia de Ourense —e Valdeorras, por suposto—é agora a gran baza para o turismo, ten un potencial extraordinario, tendo en conta que reúne todo o que demandan os turistas: natureza, enogastronomía e patrimonio. Eu me quedaría cunha combinación de costa e interior, que en Galicia é indefinida. Porque podemos facer múltiples combinacións. Por exemplo, a comarca de Monterrei con Ortegal; a Costa da Morte ca Terra Chá, e así sucesivamente. Personalmente, eu síntome moi cómodo nas ribeiras dos ríos Sil, Xares e Bibei, no entorno no que nacín, e creo que Valdeorras pode ser un bo destino turístico.
V de Cerca: ¿O turismo industrial ten futuro?
O turismo ten desenvolvemento onde hai recursos atractivos que se podan en valor. O turismo nas canteiras de pizarra ten un potencial moi bo, que se pode explotar. E hai colectivos dispostos facelo. Tamén hai outras posibilidades xerando turismo arredor da producción eléctrica pois Valdeorras é unha das principales productoras de enerxía. Hai unha historia moi importante detrás sobre a incidencia das empresas de producción hidroeléctrica que podería complementarse con visitas a instalacións. Sería outro atractivo moi identificativo da nosa comarca.
V de Cerca: Galicia está de moda e tamén a enogastronomía…
Os estudos que temos amosan que hai 15 ou 20 anos a gastronomía era un complemento da actividade turístico. Comer era algo secundario. Pero agora mesmo a enogastronomía é a segunda motivación polo que se visita Galicia, a primeira é a natureza. O turista quere comer e beber bo viño.
En Valdeorras, por exemplo, hai festas gastronómicas e enogastronómicas, as do botelo, codillo etc. que poñen en valor un produto de calidade e os excelentes viños da Denominación de Orixe, de gran calidade. Valdeorras ten todas as posibilidades de ser un destino enogastronómico de primeiro nivel. A enogastronomía, ben sexa en entornos amplos ou menos multitudinarios, pode despuntar nesta comarca. Ten a materia prima para facelo. Aiquí hai produtos de temporada (castañas, cogumelos, carnes, viños etc). Neste senso, vai un paso por diante con respecto a outras zonas.
V de Cerca: Que durante o teu mandato Galicia acadase cifras históricas no sector turístico, as mellores da súa historia, é para lembrar…
No 2023 houbo 7 millóns de visitantes. Nunca houbo tantos na historia do turismo galego. Tamén acadouse un récord de peregrinos que recibiron a «compostela», 446.000. É cando máis turistas extranxeiros viñeron a Galicia. Foi un ano moi bo para o sector turístico e a súa rendibilidade medrou un 7 por cento.
Esto supón a consolidación dun modelo turístico no que levamos traballando varios anos, que consiste en diversificar, segmentar a oferta para acoller toda a demanda e gustos. A actividade turística é temporal, estacional, pero o noso obxectivo dende hai tempo é desestacionalizar e desconcentrar a actividade turística. No 2023 xa houbo resultados. En xaneiro de 2023 os visitantes medraron un 30 por cento; en febreiro, un 15 por cento; e nos meses de marzo e abril, sobre un 20. Pero decembro foi o mellor mes, histórico. Ademais, observamos que o Camiño de Santiago medrou de maio a xuño; en setembro, outubro e novembro. Estos son moi bos datos para Galicia, os mellores datos da historia do turismo en Galicia.
V de Cerca: Tendo en conta estos datos positivos, ¿cal é o reto neste momento para o turismo en Galicia?
Galicia ten capacidade para medrar e imos apostar pola internacionalización, por turistas doutros países. Tamén estamos traballando nun Plan estratéxico que marcará as pautas ata 2030. Para inicialo, en setembro de 2023 empezamos a facer sondeos mediante reunións cos distintos sectores en Galicia, entre eles da Rúa, para recoller a opinión de hostaleiros e das tres universidades galegas. Ata o de agora estaba vixente un plan, «Galicia, destino seguro», que trazaba distintos retos, un deles chegar a 5 millóns de visitantes, indicadores que xa se superaron.
Ademais da desestacionalización e desconcentración —para que haxa visitantes ao longo de todo o ano en Galicia—, traballaremos pola sostibilidade e calidade do turismo en Galicia, e que a actividade turística conviva co día a día do cidadán. É verdade que en Galicia non existen problemas de convivencia de visitantes e cidadáns, pero é certo que a actividade turística cada vez e maior e a obriga da Administración é velar por dita convivencia.
A partir de aí desenvolverase un Plan de Calidade Turística no Destino que abrangue as empresas e aos servizos turísticos, ao sector en xeral, e introduciremos a S de Sostibilidade, un distintivo que concede o «Instituto para la Calidad Turística Española». Estará en empresas e no Camiño de Santiago. Ao mesmo tempo, teremos o Sistema Integral da Calidade Turística Española en Destinos (SICTED), que abrangue territorios, onde se poden adherir distintos servicios que atinxe a varios sectores.
V de Cerca: ¿O turismo chegou o seu teito en Galicia?
Non. Galicia ten moitas posibilidades para seguir medrando, sobre todo no ámbito internacional. Non existe masificación, existe concentración en épocas puntuais, en zonas concretas como Santiago de Compostela e nalgún municipio costeiro como Sanxenxo. O turismo é unha das fontes de actividade económica máis importante para Galicia. Agora mesmo, aporta ao PIB de Galicia arredor do 10 por cento. A liña é seguir mantendo un crecemento o máis ordenado posible e respectuoso co medio ambiente en convivencia cos cidadáns e a propia idiosincrasia de Galicia.
.