O novo director da Axencia de Turismo de Galicia afirma que agora é un momento doce para o turismo e que Valdeorras ten un gran potencial turístico
Xosé Manuel Merelles Remy é o novo director da Axencia de Turismo de Galicia. Naceu na Rúa, terra que visita con frecuencia, aínda que vive en Santiago de Compostela desde hai anos. É licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e traballou en varios medios de comunicación ata chegar á Xunta de Galicia no ano 1991, onde foi redactor no gabinete de comunicación da Presidencia, así como xefe de prensa na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e tamén en Sogama. Desde xaneiro de 1999 ocupaba a Xefatura da Área de Comunicación da Axencia de Turismo de Galicia.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, di del que «é un valdeorrés de pura cepa. Cando se fala de Merelles en Santiago o coñecemos como Merelles da Rúa» e que sabe ben de turismo.
Valdeorras de Cerca: ¿Como asume esta nova etapa?
Levo 24 anos na Axencia de Turismo de Galicia como responsable do Departamento de Comunicación, propuxéronme este posto e aceptei. Estou «aterrizando» pois tomei posesión o 3 de xullo, pero non é un campo descoñecido para mín pois neste longo recorrido puden coñecer a fondo este departamento. Asumo o posto con moita ilusión, con moita responsabilidade, e de momento con moita cautela porque estou comenzando.
V de Cerca: ¿Cuáles son os seus obxectivos á fronte do cargo?
Hai que partir de que as competencias de Turismo están transferidas á Comunidade Autónoma dende hai moito tempo, de xeito que hai un estrutura moi ben organizada, a organización casi é perfecta. Agora é un momento doce para o turismo en Galicia. O ano pasado Galicia recibiu seis millóns e medio de turistas e houbo 440 mil peregrinos. Son récords históricos absolutos, nunca houbo tanto. Tamén observamos desde o mes de xaneiro un incremento do 17 por cento de peregrinos, que é moito pois o ano Xacobeo foi o ano pasado. A xente confía no Camiño de Santiago, que ten un tirón impresionante. No eido dos vistantes, o aumento é un 10 por cento.
Pero precisamente por ser un momento doce, tan bo para o turismo en Galicia, esto plantexa novos retos que pasan por a racionalización da actividade turística, de xeito que Galicia poida seguir sendo un territorio atractivo. Hai un valor intanxible do turismo galego que todo o mundo cita que é acollida. Probablemente, por ser meta do Camiño de Santiago vai no noso adn, somos acolledores. Polo tanto, hai que seguir mantendo este intanxible que tanto nos beneficia á hora de atraer turistas e peregrinos.
Tamén son tempos afondar nos procesos de dixitalización, de apoio a comercialización dos produtos da oferta turística galega. E temos que apostar pola internacionalización. Galicia ten agora mesmo entre un 25 e 29 por cento de turismo estranxeiro, pero aínda podemos medrar. E, por suposto, hai que apostar pola sustentabilidade, que é innegociable. Todas as accións que estamos desenvolvendo van dirixidas a que a actividade turística sexa sostible, tanto para as personas como o medio ambiente como os entornos. Engadiría outro obxectivo, a preservación do Camiño de Santiago pois é un ben que herdamos, un patrimonio casi exclusivo noso e a verdade que a nosa obriga e conservalo e transmitilo a xeracións vindeiras.
V de Cerca: ¿Hai suficiente infraestructura hoteleira en Galicia?
A infraestructura hoteleira e turística é boa. Galicia está moi ben distribuida. Agora mesmo hai mais de 30.000 establecementos turísticos. É a propia demanda a que vai marcando o desenvolvemento desta estrutura habitacional. Houbo unha época pretérita na que se fomentou o desenvolvemento de hoteis, porque precisaba ser ampliada, pero agora está racionalizada. O noso apoio vai enfocada a que as instalacións sexan enerxéticamente eficientes, poidan ofertar servizos sostibles e o apoio a dixitalización destes establecementos.
V de Cerca: ¿Galicia camiña nesa liña sostible da que fala?
Sí. O 20 por cento da superficie de Galicia ten algún grado de protección con distintas figuras. Aí está o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, que conta cunha protección especialísima; as redes de Parques Naturales etc. A sustentabilidade tamén vai dende produtos como os trens turísticos (eléctricos) a outros como o termalismo. Por toda Galicia temos accións con plans sostibles. Penso que agora hai maior conciencia da xente da importancia de cuidar o entorno.
V de Cerca: ¿Valdeorras termina de despegar no ámbito turístico?
Falta que nolo creamos. Valdeorras ten un gran potencial, agora mesmo co viño, moi premiado, e cun godello único. Ten o Camiño de Inverno, que é impresionante, aínda que non o estamos aproveitando o cen por cen. Tamén ten natureza, cultura e patrimonio. Sei que en Valdeorras se está poñendo en valor o turismo. Aí está o novo plan de enoturismo, tamén iniciativas do Xeodestino, as covas de Seadur e Vilamartín, gastronomía. Si todo o que temos o unimos e o metemos «nun paquete cun lazo», probablemente teremos éxito. So hai que pensar como empaquetalo e ofertalo. Paréceme que a xente e os concellos da nosa terra xa teñen unha perspectiva turística. Valdeorras é unha comarca con iniciativa.
V de Cerca: ¿O feito de ser da Rúa, de Valdeorras, inflúe no seu día a día, na súa tarefa?
Vou con bastante frecuencia ata A Rúa. Sempre penso en clave valdeorresa, aínda que levo vivindo 30 anos en Santiago.
V de Cerca: ¿Personalmente, que lle gostaría conseguir como director da Axencia de Turismo?
Que todo o mundo vise que o turismo ten un potencial incrible de distribución da riqueza, que a actividade turística permita que se eleve o porcentaje do PIB (que xa é do 14 por cento) e do emprego. Gostaríame incrementar o valor engadido do turismo e que sirva para distribuir a riqueza de Galicia entre todos galegos. Que o potencial económico do turismo medre e repercuta positivamente en todos os sectores.