O periplo da escultura «Rotonda do Entroido»

Publicidad

A peregrinaxe en búsqueda dun un espazo adecuado para a súa «talla»: Mide cinco metros

Todo comenzou como unha idea simple, alá polo ano 2007 ou 2008. Despois, foron chegando outros elementos que fun engandindo.

Ao principio parecía que esta obra ía instalar como rotonda, pero saiu todo mal.

O desenvolvemento da obra e as ideas pódense ver a través dos bosquexos. Mostro uns poucos dos moitos que fixen.

Publicidad

Todo iso levoume preto dun ano de traballo. O resultado apréciase nesta montaxe fotográfica, feita cun programa de edición dixital para unir a parte de arriba da escultura xa que pola súa altura non cabía no taller (a obra mide cerca de 5 metros).

A primeira viaxe da «Rotonda de Entroido» foi dende Vigo, onde está o meu taller, ata Viana do Bolo. Aquí foi a primeira vez que se expuxo, e que a vin montada de forma completa, concretamente no pavillón de Viana, onde estivo exposta uns días (no Entroido, 2009 ou 2010). Fixeron falta 5 personas para montala e 5 horas. Logo, desarmouse e gardouse nun local da citada localidade, o que supuxo unha segunda viaxe.

O ano seguinte as pezas da obra xa estaban outra vez no pavillón e íase a montar de novo, tamén no pavillón (terceira viaxe), pero esta vez non apareceu ninguén que a axudar a montala, como a primeira vez, e non a montei. Posteriormente, foi gardada no mesmo local do concello (cuarta viaxe).

Logo decidín coller a obra, gardala nun local do concello e tasladala a outro que tiña eu na vila (quinta viaxe).

Pasaron uns cantos anos (10 ou 11) e leveina a Vigo outra vez (sexta viaxe).

A séptima viaxe foi desde Vigo a Monterrei, onde montouse a metade da parte superior da escultura porque na exposición que fixen alí era moi grande pro sitio e non montei a parte de abaixo pero fixenlle una nova base pra presentala correctamente. De volta a Vigo realizou o octava viaxe.

O noveno viaxe foi dende Vigo a Ourense pra exposición no centro Marcos Valcarcel da deputación pero despois de cambiar algunos elementos da obra e añadir outros que non estaban, ademáis de retocar e lixar completamente outra vez a obra…montando e desmontando de novo.

Na décima viaxe repetiu traxecto dende Ourense a Vigo a un local que lle fixeran un tratamento de shok térmico para os xilófagos, carcoma etc.

De novo volveu ao obradoiro na onceavo viaxe para construirlle outra base inferior mais con rodas (montando e desmontado de novo) para poder desplazar a obra no recinto de Expourense, que foi o seguinte lugar no que a armaría e no que sigue actualmente.

De novo na doceavo viaxe volveu a Ourense para quedar exposto en Expourense, na entrada como vemos na imaxen.

A trececeava viaxe foi para movela dentro do mesmo recinto ferial de Ourense a outro espazo por razóns de loxística.

Por agora son TRECE os pasos desta «procesión»… e claramente estropearase …

Hai que incluirlle as voltas que leva dado o empaquetado e desempaquetado das múltiples pezas da obra.

Tamén, as cargas, traslados e descargas en camión, camioneta ou furgoneta para ir dun lado a outro.

E ao mesmo tempo, hai que sumar o montaxe e desmontaxe con andamios, escaleiras ou elevador para montala.

Este é o periplo da «Rotonda do Entroido», un símbolo da festa máis emblemática da provincia, que debería permanecer en Ourense, capital do Entroido de Galicia que non dispón dunha obra de arte destas características que identifique a cultura do Entroido.

“Rotonda do entroido”.   Descripción da obra

Madeira de piñeiro roxo, castiñeiro, cereixo, sapeli e corda. 5 x 3 m

Unha fonte (como a da praza do ferro) é a estructura da obra, Pretende representar un icono, símbolo ou tótem do entroido da provincia.

A base da fonte transformase no ”Bombo” dos folións, típicos da zona do oriente ourensán, de Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Trives, Manzaneda etc.

Unha monca (pau que levan os “Boteiros” como o da máscara de arriba) transformada en garfo cravado na fonte/bombo, a levanta e a deforma de xeito surreal, como anormalidade esencial do entroido. O garfo é unha metáfora simbólica das enchentas de esta época do ano.

A columna central da fonte tórnase nun tronco de árbore ca súa raíz apoiada na fonte/bombo, árbore do que nace como froito o Boteiro escorrentador dos malos espíritos.

O árbore simboliza un elemento da natureza (espírito da árbore, da vexetación) e dos ritos con finalidade agraria, segundo algunhas teorías sobre o nacemento desta festa…

Están representados moitos dos elementos típicos do entroido:

– O gastronómico (co garfo, chourizos e androllas),

– Os ”Folións”  (ca aixada o martelo ou o corno),

– Elementos simbólicos como a “Sardiña” ou a ”Fariña”.

– O bestiario (co “Oso” de Sande-Cartelle, Salceda, Manzaneda ou Buxán, a “Mula” de Viana do Bolo ou a “Morena de Laza.