Vilamartín, O Barco e os concellos involucrados nas Letras de Florencio convidan a pobación a disfrutar do amplio programa cultural e institucional para festexar as Letras Galegas
Todo está preparado para a gran festa das Letras Galegas en Galicia e moi especialmente en Valdeorras. O corazón de Florencio latexa con forza en Valdeorras. É un momento histórico e irrepetible no que se invita a poboación da comarca a disfrutar das actividades previstas. O 17 de maio será un día grande para Valdeorras.
Vilamartín acolleu hoxe a presentación das Letras Galegas, desta data tan especial que rende homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, desta volta ca presenza de Débora Álvarez Moldes, directoa de As Letras de Florencio; Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do Barco; Eva Delgado, familiar de Florencio e o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro.
Débora Álvarez sinalou que as actividades das Letras Galegas xa se iniciaron estes días con exposicións en Vilamartín e no Barco sobre Florencio Delgado Gurriarán e roteiros guiados con escolares en Córgomo.
Dende mañá ata o 17, día propio das Letras Galegas, haberá moitas actividades como «obradoiros», concertos e actos institucionais, entre eles o Pleno das Letras Galegas na Aira dos Bolos en Córgomo. Despois o pobo invitará aos membros da Real Academia a un xantar e haberá un concerto.
Outro momento de ledicia será o acto de benvida ás tres fillas e un neto de Florencio Delgado Gurriarán. Será unha forma «unirnos todos e presentarnos porque so nos coñecemos por videoconferencia», dixo Débora Álvarez.
«Queremos que os veciños e vecinas de Valdeorras disfruten destes días. É unha oportunidade esta celebración e tamén moi difícil que volva a repetirse. Debemos disfrutalo e aprecialo. Haberá eventos de todo tipo», concluiu Débora Álvarez, lembrando que o proxecto de As Letras proseguirá mais alá do Día das Letras pois «queda moito por facer e falar de Florencio».
Pola súa banda, Eva Delgado, familiar de Florencio, afirmou que «os Delgado unímonos ao frenesí destes días», dando a coñecer as fillas de Florencio Delgado que viaxan a Valdeorras «están moi ilusionadas e emocionadas».
O alcalde, Enrique Álvarez Barreiro, destacou o gran número de iniciativas presentadas para celebrar as Letras, e «non se poideron atender todas porque xa están previstas moitas actividades»
A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, convidó á veciñanza a vivir este momento histórico, «seguramente irrepetible. Valdeorras será o 17 de maio a capital da cultura, desa Galicia Infinda e hai que animar a xente a que participe nos actos previstos. Isto non se acaba o 17 de maio, seguirá ca fundación para poñer a Valdeorras no mapa cultural».