O espírito vivo das Letras Galegas en Córgomo

Publicidad

As mulleres rurais organizaron unha Feira de Produtos Locais que foi todo un éxito

O espírito do Día das Letras Galegas afianzouse en Córgomo (Vilamartín) despois da profunda pegada que deixou o ano histórico de Florencio Delgado Gurriarán, no 2022, para enxalzar hoxe a figura do homenaxeado deste ano, Francisco Fernández del Riego, coa organización dunha Feira de Produtos Tradicionais que encheu de ambiente e vida a Praza da Aira dos Bolos.

A Asociación de Mulleres Rurais, que preside Soledad Figueroa, foi a artífice desta iniciativa na que participaron artesáns e produtores locais de pan, viño, bica, mel e artesanía.

«O ano pasado Córgomo foi a capital das Letras Galegas e este ano fixemos esta feira para manter ese espírito do día Das Letras Galegas», explicou Soledad Figueroa que amosou a súa ledicia pola resposta que tivo por parte do público. «Houbo moita xente, de feito houbo que repoñer pulpo».

Publicidad

Tamén quixo agradecer a implicación dos comerciantes e artesáns. «Sin eles non sería posible. Non sabíamos como ía resultar e foi un éxito. Queríamos tamén que se coñeceran os produtos locais, que se fan aiquí como aceites, mel e outros e así potencialos», suliñou a presidenta da asociación de mulleres rurais.

A música e a cultura galega encheron Córgomo.