As Letras Galegas no Barco poñen en valor o galego cunha andaina pola lingua

Día das Letras Galegas, andaina pola lingua
Publicidad

Será o 17 de maio, xornada propia desta festa na que tamén haberá un «Vermú das Letras» e as «Pequeletras»

A festa do Día das Letras Galegas no Barco porá en valor a lingua, o galego. O programa do Concello foi presentado hoxe pola concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, e o alcalde, Aurentino Alonso con dous novedades a I Andaina pola Lingua e un «Vermú das Letras».

A I Andaina pola Lingua será o 17 de maio, ás 11,15 horas, con saída e meta na Praza Andrés de Prada, onde tamén se poderán realizar as inscricións (entre as 9,00 horas e as 10,30 horas o mesmo día). O seu percorrido é de 2,7 km.

«É unha andaina curta porque o que nos importa e o feito de reivindicar a lingua, non o percorrido. Queremos que participe moito público. Ademáis, vai haber premios e sorpresas» (camisetas e medallas), indicou Margarida Pizcueta.

Publicidad

A concelleira dixo que a literatura e a cultura ten que ir da man nesta andaina, non so para visibilizar o noso compromiso co galego senón tamén para a revindicación. O galego está nun punto no que hai que reivindicar que temos que facer algo, ¡xa!. E ista andaina «é unha contribución para a posta en valor da nosa lingua e cultura».

«Un galego ten que coñecer a lingua e teríamos que saber falala, pero non é necesario. Si amamos o galego, respectamos o galego e non queremos que desapareza —pois é a maior marca de identidade de galegos e galegos—, debemos participar nesta andaina», engadiu Pizcueta subliñando que «a lingua non vai ligada a ningún partido, é patrimonio cada galego e galega».

«O que pedimos é movilización, sin ningún tipo de cariz político. Temos que estar orguiosos de quen somos e o que somos e a lingua forma parte da nosa idiosincrasia», valorou Pizcueta.

Pizcueta tamén deu a coñecer que o mesmo día grande das Letras Galegas, o 17 de maio, haberá as 13,00 horas un «Vermú das Letras» no Paseo do Malecón (na zona de Correos). Fran Rei presentará o seu espectáculo «Repunantas».

Xa pola tarde, ás 18:30 horas, na praza Andrés de Prada, actuará a narradora Raquel Queizás co espectáculo «Begoña ao teléfono», dentro do programa das Letras Galegas para os pequenos, as «Pequeletras».

Tamén haberá o «Mes do cine en galego» e o 19 de maio, as 19,00 horas no Teatro Lauro Olmo, será o «Concerto das Letras» do Conservatorio e da Escola de Música do Barco.

A concelleira de Cultura do Barco agradeceu o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística na programación e tamén a colaboración do Cine Club Groucho Marx.

Pola súa banda, o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, invita á cidadanía a participan na programación organizada polo Concello do Barco, sinalando que «o galego é noso, é de todos, e non debemos deixalo esmorecer».

O programa do Concello é complementario ó da Fundación Florencio Delgado Gurriarán, á que o Concello pertenece, o tempo que xa anunciou que o verán en Valdeorras será moi intenso desde o punto de vista cultural.