Córgomo: Día grande das Letras Galegas: A «Florenciada»

Publicidad

Houbo camiñada cultural, feira de artesanía e produtos locais e moita música

Córgomo foi o epicentro do Día das Letras Galegas en Córgomo (Vilamartín). A Fundación Florencio Delgado Gurriarán, co apoio da Deputación de Ourense, organizou unha festa da cultura galega, a «Florenciada». Houbo feira de produtos artesanais, unha camiñada dende Arcos ata o pobo e moita música.

A camiñada atravesou paraxes, como o belo entorno natural do río Farelos, e o patrimonio local e etnográfico, baixo as explicacións dun guía que afondou na historia de cada rincón e a cultura, aderezada nalgúns puntos coa música de Rober e Paco Campos.

En Córgomo Débora Álvarez, da Fundación Florencio, falou das cantereiras, mulleres e pandereteiras, e o seu importante labor para a transmisión oral da «cultura esquecida» e as que se lle dedicaron as Letras Galegas.

Publicidad

O alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro, loubou a «Florenciada». Fixo unha mención especial a asociación de mulleres que, durante os últimos anos, «non deixaron esmorecer as Letras Galegas» e falou da «Florenciada», lembrando a Florencio Delgado Gurriarán.

«Córgomo é agora mesmo o pobo que mais sona, polo viño, polo godello, o mellor godello do mundo que está en Valdeorras e en Córgomo. Ademais, a cultura de Valdeorras empeza en Córgomo, é o que nos une. Despois, chegaron uns rapaces que dixeron que o deporte é moi importante». E dixo que cando se xunta a cultura co deporte , «somos invencibles», facendo alusión ao CD Córgomo.

Finalmente, sinalou que en Córgomo «temos todo, cultura, viño e deporte», e rematou cun «¡adiante!».

A música non deixou de sonar. Ademais, das visitas ao pobo, e comidas organizadas na rúa e entre os muros da casa que foi a cuna de Florencio Delgado Gurriarán.

As Letras Galegas no 2022 foron para Córgomo e Florencio e, agora, e aiquí onde se mantén vivo o espírito das Letras.