Discorreu polo casco urbano para o galego
O Concello do Barco festexou o Día das Letras Galegas coa primeira andaina pola lingua para reivindicar o «galego en modo on», dentro das iniciativas que promove a Concellería de Cultura na defensa do idioma da terra galega.
Un grupo de nenas, nenos e adultos participou nesta andaina reivindicativa «do noso» que partiu da praza Andrés de Prada para proseguir por O Malecón, cruzar a Pasarela cara a Viloira, e regresar o punto de partida.
A andaina pola lingua foi de pouco mais de 2 kilómetros.
Houbo agasallos como medallas feitas con galletas.
O Día das Letras Galegas no Barco reivindicou a lingua.















