Letras Galegas no Barco: Cine e Feira do Libro

Publicidad

O Concello do Barco programou actividades para festexar o 17 de maio

A Concellería de Cultura do Concello do Barco festexa as Letras Galegas cun ciclo de cine en galego, con películas que se proxectan no Teatro Lauro Olmo os días 14, 21 e 29 de maio. Tamén, haberá unha Feira do Libro, os días 17 e 18 de maio, na zona do arroio Cigüeño, no Maleón.

O día propio das Letras Galegas, o 17 de maio, haberá música coa banda de gaitas e baile Coribantes.

O programa remata o día 23 en galego cunha representación de Fantoches Baj “Castelao, un coración á intemperie”, dirixida ao público familiar, as 19,00 horas na praia fluvial do Malecón.

Publicidad