Haberá presentación de libros, actividades para os mais pequenos e será no Paseo do Malecón
Feira do libro no Barco de Valdeorras para festexar as Letras Galegas. Será esta fin de semana, 17 e 18 de maio, organizada pola Concellería de Cultura do Concello e a asociación Vagalume. Ademais das casetas nas que se poderán adquirir libros, o programa inclúe presentacións de autores, un contacontos de Ana Meilán (o domingo ás 12,00 da mediodía) e o scape room «O Tesouro das cantanreiras» para os mais pequenos.
O sábado 17 de maio, os autores convidados son Silvia Penide, Sergio Borrajo e Julio Pérez. Pola tarde, acudirán Christian Barrio, Fernando Hernández, Carmen Malvi e Miguel Rodríguez.
O domingo 18 pola tarde, estarán Amador Fonfría, Andrea Mic, Mercedes Barros, Francisco Narla e Alba Mac.