Premiou os oito mellores traballos escolares que consistiron en cartas do autor decoradas cun selo dunha caricatura de Francisco Fernández del Riego
O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco fixo entrega dos premios da campaña Francisco Fernández del Riego: tecedor de redes, organizada conxuntamente cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de O Barco, Rubiá e Sobradelo para festexar as Letras Galegas 2023.
Por unha banda, a asociación premiou os oito mellores traballos do alumnado que consistiron en cartas do autor decoradas cun selo dunha caricatura de Fernández del Riego e que se amosaron nos establecementos asociados participantes.
Os alumnos e as alumnas premiados/as foron:
- Sara Fernández Alonso do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco
- Carlota Carrera Fernández do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco
- Leo Pérez Pereira do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)
- Sara González Fernández do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco
- Carla Rodríguez Fernández do IES Lauro Olmo do Barco
- Zoe Ramos Barredo do IES Martaguisela do Barco
- Aroa Tamerón do CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo
- Carlos Porto Teixeira do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá
Os premios consistiron en vales de compra por valor de 25€ para investir nas librarías asociadas ao CCA O Barco: Caprichos, Libraría Murciego, Libraría Yoli, Nós e Praxis. - Por outra banda, a asociación celebrou o sorteo da xincana da campaña na que o alumnado tivo que buscar as cartas de Fernández del Riego polos comercios e selar o folleto de participación. O folleto premiado, extraído ao azar da urna do sorteo, foi o de Liher Matallana, a quen se lle entregará un vale de 50€ para investir nas librarías asociados ao CCA O Barco.