Letras Galegas no Barco con poesía, cine e música

Publicidad

A Concellería de Cultura deu a coñecer o programa

O Concello do Barco conmemorará as Letras Galegas 2024, adicadas á poeta Luísa Villalta, o próximo 17 de maio, cun programa deseñado pola Concellería de Cultura cheo de cine en galego, poesía, maxia e música.

Haberá un ciclo de cine no Teatro Lauro Olmo con horario de 17,00 a 19,00 horas, que comenza o 2 de maio ca película «Mimosas». O 9 de maio proxectarase «Eles transportan a morte»;; 17 e 19 de maio, poderase ver «Cuñados»; o 23 de maio, «As neves» e o 30 de maio, «Samsara».

O 12 de maio, «Indóciles» (neste caso ás 13,00 horas, no Malecón)

Publicidad

O 15 de maio, chega á Biblioteca municipal «Cantando as Letras», de Xoan Curiel, ás 19,00 horas, para público de todas as edades, a partir dos 3 anos.

O 16 de maio será o «Concerto das Letras» do Conservatorio Profesional e da Escola de Música do Barco ás 20,00 horas no Teatro Lauro Olmo.

E o 17 de maio o ilusionista Martín Camiña achega maxia na Praza Maior, ás 19,00 horas, para público familiar.