Jorge Domínguez: «A declaración do Entroido como Ben de Interese Cultural é un gran avance na protección da tradición»

Publicidad

O coordinador da ViBoMask de Viana e Vilariño de Conso tamén da a coñecer que a «Mascarada Ibérica» será este ano en abril ou maio

O Entroido galego será recoñecido coa máxima figura patrimonial existente en Galicia a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC). O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, deu a coñecer que o Diario Oficial de Galicia publicará esta semana a incoación do expediente para outorgar esta distinción, na categoría de patrimonio inmaterial, a unha das tradicións máis singulares e arraigadas de Galicia. O inicio dos trámites publicarase no DOG o vindeiro 25 de xaneiro e o expediente deberá resolverse nun máximo de 24 meses.

Publicidad

A noticia foi moi ben recibida nas localidades vencelladas ao Entroido como Viana do Bolo. Jorge Domínguez Couso, de Punxeiro (Viana do Bolo), creador e coordinador da ViBoMask («Mascarada Ibérica»), ademais de presidente de da Asociación de Folións Rurais y Asociación Robreda, leva loitando polo BIC durante moito tempo. Estima que un gran avance na protección da tradición.

Valdeorras de Cerca: Por fin chegou a esperada Declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) do Entroido, ¿que supón?

Publicidad

É polo que levaba loitando moitísimo tempo. É unha das peticións que se facía dende a miña asociación e do grupo de traballo do Entroido de Viana do Bolo. Ibamos a presentar a solicitude do BIC individualmente pero estabamos a espera de que se fixera en conxunto. Gracias a Emma González, xerente do Inorde —que apostou polo proxecto ViBoMask—, conxuntamente co director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, que presentaron o expedente e conseguiron levalo adiante, acadouse o BIC para todos os Entroidos de Galicia. Esto supón protexer e salvagardar as nosas tradicións e o patrimonio inmaterial. É algo importantísimo, era o que realmente necesitabamos para ter unha protección da nosa tradición.

V de Cerca: Esta declaración é un requisito indispensable para avanzar para a presentación da candidatura do Entroido a Patrimonio Inmaterial Cultural da Humanidade

É un requisito principal. Despois dunha reunión en Ourense co Inorde, este impulsou unha posible candidatura a Patrimonio Inmaterial Cultural da Humanidade. Pero para avanzar tiñamos que ter o Ben de Interese Cultural (BIC). A candidatura sería conxunta. E hai varias opcións, facer unha entre Ourense e Norte de Portugal, ou facer unha con todos os Entroidos de Galicia e Norte de Portugal. Pero eu son dos que pensa que habería que facelo a nivel nacional conxuntamente con Portugal, o que é a Península Ibérica completa. Outra vía sería unha candidatura entre o Norte de España (Castela e León, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra e Galicia) e de Portugal. O proceso podería ser mais longo. O que sí é importante é facelo con outro país porque a Unesco cando a candidatura vai integrada por mais dun país a acolle mellor, hai mais posibilidades de que a aproben.

V de Cerca: ¿A ViBoMask de Viana e Vilariño xa ten data?

Imos ter reunións esta semana. Debido ao recente falecemento do meu pai non me encontro con ánimo e puxen en mans dos concellos de Viana e Vilariño e das asociacións o proxecto e dixeron que preferían esperar a que eu estivese ben e organizala mais adiante. É moi loable por parte deles. Farémola despois de Semana Santa, en abril ou maio, pero ainda non hai data concreta. Nas próximas semanas anunciaremos algo. Facer, vaise facer.