Entroido, xeometría unidimensional

Publicidad

A Sala de exposicións do Concello de Viana do Bolo abre o 20 de abril a exposición «Entroido, Mobiliario Vestido»

Emblemas protectores, efixies tótem que adquiren outras vidas noutros tempos e que se encarnan nestas persoaxes; sons, cores, ritmos ou ritos, que se concretan según na data na que se celebre esta festa, non soamente nas propias dos Entroidos de aiquí pois hainos de inverno, tamén en tribus por todo o mundo e en todas as estacións.

Talismáns, ídolos verdadeiros do outrora esquecido que como guardiáns da relación do home ca natureza, disuadían, provocaban e perturbaban ou unificaban co seu roce a natureza co home.

Estos seres interviñan na natureza para despertala e convidala, á vez que eles simultáneamente tamén nacían (dualidade-unidade-unidimensionalidade).

Publicidad

En realidade son o mesmo ser que se divide, a natureza mostandrose a si mesma, para conseguir a súa existencia observándose e visualizándose en dualidade. Pero realmente é unha soa unidade. Dívidese así para observarse a si mesma. Os ollos cos que observa son os mesmos cos que é observada, un presente eterno, unidimensional, como diría Sigfried Giedión.

Un ciclo infinito en espiral ou fractal, un novo autorenacer, un ciclo de vida despois de outro, réplicas de si mesmo (da natureza como unidade) e condensadas nas persoaxes do Entroido, fractales ou espirales de si mesmo, igual que os sons dos Folións da zona do oriente ourensán ou de moitas tribus do mundo; o ritmo repetitivo do tempo sintetizado nas danzas e nos sons, as formas da natureza escritas nunha fórmula segreda e dispostas na xeometría sagrada aparecen nesta festa, como na disposición dos traxes ou no seu deseño.

Este conxunto de elementos (aparte da celebración como festa participativa) ou fórmulas, ca espiral, o mundo fractal, o ritmo, o son etc. son o que vexo nesta “festa dos tempos” e é a que intento materializar ca sintaxis da arte a través dos mesmos elementos que habitan nesta festa.

Unha mirada experta descubrirá estos principios e os visualizará nas miñas obras. Unha mirada sen prexuízos descobriraos ao sentir algo cando as observa. Son os nenos, sen dúbida algunha, os que ainda están pegados ou próximos a este mundo unipolar, os que perciben esa presencia primitiva ou ser unidimensional —ou como lle chamaban os gregos “physis”— os máis indicados en reaccionar mellor, sen condicionantes implicados, como poiden observar en varias das miñas exposicións pois, incluso, levaban aos pais despois de ver as pezas expostas.

Nas obras intento verter estes elementos, esta sintaxis presente en todo o universo e en todas as disciplinas da vida para que lle dean unha existencia paralela, ou eso espero…

Estos elementos son realmente a estrutura ou a fórmula que manteñen en pé e en consciencia ao home.

O mundo do Entroido non é so o que aparece a primeira vista, tal e como observamos neste mundo materialista.

Hai preto de 40 anos que fixen a primeira reportaxe fotográfica do Entroido sobre una carroza que salira en Viana do Bolo, daquela presentouno a famosa fotógrafa Cristina Rodero.

Espero que sexa de agrado a mostra que vou inaugurar o 20 de abril na Sala de Exposicións do Concello de Viana do Bolo (que poderá verse durante o mes de abril). E ogallá que os nenos sexan o motor para levar aos seus pais á exposición porque a arte, ademais de poder ser unha forma de vida, é tamén xogar. E eu tamén sigo xogando cando estou construindo este mundo de soños, como dixo Carmen Quintero.

Piquico, 2024