Abanca e o GDR Valdeorras renovan a súa colaboración en materia financieira

Publicidad

Un dos obxectivos é impulsar novos proxectos e mellorar a competitividade e sostibilidade dos actuais mediante líneas de crédito

Abanca e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Valdeorras veñen de renovar o seu acordo de colaboración en materia financeira. A través deste convenio, ambas entidades buscan dar respostas ás necesidades que demanda o tecido produtivo da comarca e á creación de emprego.

Esta sinatura chega precisamente logo da aprobación dunha liña de investimento de máis de 660.000 euros do Programa Leader para o investimento en zonas rurais que beneficiará ao GDR Valdeorras.

A colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e os GDR na xestión da medida Leader, submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local), do PDR de Galicia 2014-2020, o crédito indicado está cofinanciado nun 75% polo Feader, nun 2,5% pola Administración xeral do Estado e nun 22,5% pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicidad
Publicidad

O acordo foi asinado esta mañá na Casa Grande de Viloira, sede do GDR, por parte do coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso, e a presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural, María Carmen González. O convenio súmase ás recentes ofertas e convenios financeiros que ABANCA subscribe practicamente a diario con colexios profesionais, empresas, asociacións e outras entidades presentes nos territorios nos que o banco ten presencia.

No documento detállase a reactivación económica co obxectivo de impulsar novos proxectos e mellorar a competitividade e sostibilidade dos actuais mediante o crédito. Desta forma, os adheridos terán acceso a condicións vantaxosas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos e subvencións ou avais.

Publicidad

O acordo tamén inclúe unha oferta específica para os proxectos agrogandeiros, con créditos e préstamos específicos para o sector, liñas de comercio exterior, desconto comercial e confirming.

Os membros do GDR terán tamén acceso ás vantaxes que ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais. Así mesmo, o banco ofrece xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica  para  os  interesados.  Desde as oficinas facilitarase información relativa ás opcións de financiamento mediante os convenios oficiais que o banco ten subscritos con diversos organismos públicos.

É finalidade deste GDR facilitar aos promotores financiar en condicións máis favorables para que poidan desenvolver os seus proxectos, dinamizando a comarca de Valdeorras.