A sanidade centrará unha moción do BNG no pleno do Barco

Publicidad

Será debatida no pleno do xoves

Jesús Vilasánchez, concelleiro do BNG en O Barco, presentará unha moción no pleno do xoves, 7 de outubro, pola mellora da sanidade en Valdeorras.

A moción propón que o Concello apoie actos e manifestacións que sexan promovidos polas organizacións sindicais ou cidadanía de Valdeorras na procura da «fundamental recuperación dos perdidos servizos sanitarios que posuía o Hospital Público de Valdeorras e dos cadros de persoal de atención primaria, así como as melloras estruturais dos centros e materiais de traballo», di textualmente o texto da mesma.

Publicidad

Asemade, propón que o Concello solicite a visita institucional inmediata, tanto do Xerente de Área de Ourense como do propio Conselleiro de Sanidade, para que den explicacións sobre o presente e o futuro a curto e a medio prazo da sanidade na comarca.

Publicidad

E, finalmente, pide que o Concello do Barco solicite a formación e convocatoria do Consello de Saúde do Distrito Sanitario de Valdeorras e inste a a Consellería de Sanidade á creación dunha base do 061 con ambulancia asistencial de soporte vital avanzado, encadrada dentro da Rede de Transporte Sanitario Urxente de Galicia (RTSUG-061).

Publicidad

Na moción, O BNG expón que no ano 2011 figuraban como cadro básico de persoal do por aquel entón Hospital Comarcal de Valdeorras (HCV), 401 traballadores/as. Ademais, estaban contratadas de modo permanente 9 profesionais por riba de cadro básico e tamén contaba con empresas concertadas como as de limpeza e seguridade. Deses 401 traballadores do cadro básico de persoal, 272 eran persoal sanitario asistencial e de admisión, e deses, 62 eran facultativos.

Argumenta como foi evolucionando a sanidade e os servicios do Hospital en Valdeorras.

Despois, todo se centrou en Ourense: «se había que recortar recortábase en Valdeorras, se facían falta especialistas sacábanselle a Valdeorras e levábanse para outros hospitais; e Valdeorras comezou a perder servizos baseándose unhas veces na optimización de recursos
(argumento usado para levarnos o cardiólogo para Ourense), e outras na falta de especialistas que quixeran vir a Valdeorras». No ano 2017 o Hospital pasou pola escasez de persoal.

Cita que hoxe os servizos clínicos que antes tiñan 4 profesionais, como por exemplo cirurxía xeral (até 5 chegou a ter no ano 1997), hoxe fican reducidos a 1 só profesional «ao que lle teñen que vir a dar apoio dende Ourense; ou servizos como traumatoloxía que de
3 facultativos especialistas fica con só 1 que tamén precisa apoio dende Ourense. Ou darse conta que servizos como o de uroloxía e cardioloxía que tiñan praza orzamentada no HPV fican sen nada e téñense que desprazar médicos dende Ourense a pasar consulta e facer intervencións “menores”.

O BNG estima que é preciso a implicación do Concello e da cidadanía na reivindicación dunha mellora da sanidade.