Tamén sinalou que a Xunta vai defenderse xudicialmente contra a medida cautelar de paralización da mina de coltán de Penouta
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, pronunciouse hoxe, despois da reunión co Clúster da Pizarra en Carballeda, sobre a situación de Samaca e Irosa. Falou de que «nos preocupa moito» e afirmou que «creo que iso é algo moi serio» pois, engadiu, está en xogo o futuro das empresas, a viabilidade e postos de traballo.
Dixo que todo o mundo debería ter moi claro que as situacións que ás veces parecen límite ou que non teñen solución, «deberían tela. Nese senso, pido un pouco de sentidiño a aqueles que poidan estar poñendo en perigo agora mesmo a viabilidade de empresas das cales viven moitísimas familias”, suliñou.
Lembrou a expropiación que fixo a Xunta de terrenos foi, “de acordo coa normativa e totalmente axeitado á legalidade na nosa opinión, e ímolo defender ata o último momento onde corresponda, como estamos facendo, porque ao final o que estamos intentando é, respectando o ordeamento xurídico, tamén facilitarlle ás empresas que sigan creando riqueza e postos de traballo”.
Tamén desexou que haxa un acordo entre as partes antes do 29 de novembro, data do lanzamento dos terrenos de Irosa e Samaca (por sentencia xudicial). «Se hai plantexamentos que non son razoables, supoño que será moi difícil», dixo.
Alfonso Rueda indicou que son moitos postos de traballo en xogo e «isto debería presidir calquera negociación e calquera postura que se poña enriba da mesa. Había un procedemento expropiatorio, froito dun acordo que tomou a Xunta de Galicia no seu momento, pensando precisamente en que había que darlle viabilidade aos que crean riqueza e emprego. E nese senso, a intención da Xunta de Galicia, manténdose dentro do ordenamento xurídico, creo que é bastante claro como cremos nós que debería resolverse este asunto”.
Mina de Penouta (Viana)
Tamén se pronunciou sobre la paralización cautelar de la mina de coltán de Penouta (Viana do Bolo). Poñendo por diante que hai que acatar as decisións xudiciais, tamén «temos dereito a defendernos», indicou. Apunto que cando se da autorización por funcionarios dos servicios ténicos da Xunta de Galicia a unha explotación e por informes feitos a conciencia e «cando se di que os procedementos da Xunta de Galicia non son válidos, pois a Xunta vaise defender pois trátase da viabilidade dunha empresa que, como no caso da anterior pizarrera, é sustento de moitas familias».
E sinalou que hai unidade de toda a comarca neste caso e de todos os partidos políticos.