Os poemarios imprescindibles para coñecer a Florencio Delgado Gurriarán

Publicidad

O Barco acolleu apresentación oficial da reedición de «Bebedeira», «Galicia Infinda» e «O soño do guieiro»

O Barco acolleu a presentación oficial dos tres poemarios de Florencio Delgado Gurriarán, escritor de Córgomo (Vilamartín) ao que este ano se lle adica o Días das Letras Galegas. Trátase de «Bebedeira», «Galicia Infinda» y «O soño do guieiro», reeditados por Galaxia.

O acto foi presentado polo alcalde do Barco, Alfredo García; a directora do proxecto As Letras de Florencio, Débora Álvarez; Elva Delgado, familiar do poeta de Córgomo e Ricardo Gurriarán, autor da biografía de Florencio Delgado.

Ademais, entre o público estiveron a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista; o presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV), Aurelio Blanco Trincado (ademais doutros membros pertencentes a iste colectivo), o senador Miguel Bautista, entre outras moitas persoas.

Publicidad

O evento cultural comenzou ca lectura, na voz de Elva Delgado (mestra de inglés e francés e descendente do poeta que participou activamente nos actos de reivindicación da figura de Florencio), das palabras que Florencio pronunciou en setembro de 1981 na derradeira visita ao Barco de Valdeorras co gallo de ser o pregoeiro das Festas do Cristo desta localidade.

Nesa mesma visita, o poeta de Córgomo recibiu mais homenaxes: Membro de Mérito do Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV), Medalla de membro correspondente da Real Academia Galega, que este ano volve a homenaxear adicándolle o Día das Letras Galegas.

«É unha honra que o Día das Letras sexan para Florencio pero tamén para todos os valdeorreses», dixo o alcalde, Alfredo García, quen destacou o traballo desenvolvido por moitas personas para acadar que iste sexa o ano de Florencio, citando de forma moi especial a Ricardo Gurriarán.

«Sin a biografía que fixo sobre o autor, non coñeceríamos tan profundamente a vida e obra do poeta», expresou, citando tamén a exposición feita polo historiador «Bebedeira dun ensoño», material que «foi imprescindible para levar a vida de Florencio a toda Valdeorras e a outras moitas cidades galegas e españolas».

Débora Álvarez Moldes desculpou a ausencia de Francisco Castro, o director de Galaxia, quen non pudo acudir ao acto e fixo reseña dos tres poemarios. «Bebedeira», de 1939, —apuntou— recolle as primeiras poesías de Florencio onde «quizais podemos atopar de maneira mais clara a paisaxe valdeorresa, nunhas poesías nas que se pode recorrer Valdeorras. É das obras que mais me gustan de Florencio e que sempre recomendaría».

«Galicia Infinda», unha obra posterior de 1963, cando Florencio «xa está exiliado. Aiquí atopamos unha grata sorpresa pois se introducen novos ritmos, novas letras e poemas que xurden dese influxo mexicano. Fai un percorrido fermoso dende Valdeorras ata México. A poesía social e reivindicativa aparece moi velada», engadiu Débora Álvarez.

En «O soño do guieiro», de 1986, «recopila todas as obras que foron quedando fora dos anteriores poemarios con homenaxes aos compañeiros mortos, as reivindicacións sobre a língua, as barbaries sobre a guerra, vivencias e os seus intereses políticos».

Ricardo Gurriarán afondou na vida e obra do autor, ao que definiu como «un home tremendamente sensible, de creación circunstancial e que faise galeguista a distancia». Dixo que foi «prolífico», destacando a musicalidade nata do autor e a súa vitalidade. «Foi bó coñecedor da cromática paisaxística valdeorresa, das estacións, da noite, do día, do ceo, dos castiñeiros, das prantas, dos ríos etc.», reseñou.

«E un poeta de circunstancias», indicou en alusión a diversidade de temas que aborda o autor.

Ricardo Gurriarán afondou na profundidade do autor a flor de pel, que choraba como un meniño cada vez que algo lle emocionaba. E dixo que Florencio, independentemente da circunstancia do exilio, tivo «un itinerario vital de compromiso e categoría».

Contou como anécdota que no ano 1968 quixo regresar a súa terra natal, Córgomo. «Quería quedarse pero nin a muller nin a súa familia quixo voltar. Quedou un pouco frustrado dese choque familiar».

Finalmente, agradeceu a implicación de «moita xente que traballou» para impulsar a figura de Florencio.

Foi unha presentación na que se amosaron os poemarios imprescindibles para coñecer a figura de Florencio Delgado Gurriarán.