Valdeorras ponse en valor como destino enoturístico: Comenza a Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño

Publicidad

Foi inaugurada no Pazo do Castro nunha velada que contou ca asistencia do director de Turismo de Galicia, o rués Xosé Manuel Merelles

O director de Turismo Galicia, Xosé Manuel Merelles, participou en Valdeorras na inauguración da Primavera de portas abertas que a Xunta leva a cabo en colaboración coas cinco entidades impulsoras das rutas dos viños, entre elas a Ruta do Viño de Valdeorras, nunha animada apertura no Pazo do Castro (O Barco) cunha velada de viños, gastronomía e música a cargo do grupo Kikiribú 

No acto estiveron, ademais de Merelles, o presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez; a delegada da Deputación e alcaldesa de Carballeda, María del Carmen González; o responsable de área de Turismo en Ourense, o alcalde do Barco, Alfredo García; alcaldes e alcaldesas de comarca e un nutrido grupo de asistentes.

Na inauguración, Merelles suliñou a boa línea que sigue o turismo enogastronómico en Valdeorras. Proba de iso é a notable participación na Primaveira de Portas Abertas que se desenvolve esta fin de semana na comarca.

Publicidad

De feito, participan 23 establecementos, entre adegas, restaurantes e aloxamentos. E o Bus do Viño chegará desde Ponferrada, Ourense, A Coruña, Vigo e Pontevedra.

Merelles expresou a súa satisfacción pola aposta dun recurso como o viño e a evolución do enoturismo en Valdeorras pois cada vez hai máis iniciativas de promoción do mesmo como a Feira do Viño de Valdeorras en Viloira (O Barco), a Bacofesta na Rúa e a Festa das Covas en Vilamartín e Seadur (Larouco). Dixo que a gastronomía e un dos motivos polos que os turistas elixen Galicia, que en 2023 bateu un récord de visitantes.

Pola súa banda, o presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, afondou en que á hora de deseñar o programa de actividades de Primavera de Portas Abertas a entidade tentou amosar a turistas e interesados o  modo de cultivar, recoller e tratar as uvas que se dan lugar a este viños singulares. Agradeceu a implicación dos establecementos hostaleiros neste evento.

A alcaldesa de Carballeda, María Carmen González, expresou que Carballeda se suma como socio á Ruta do Viño de Valdeorras e falou dos recursos turísticos de Valdeorras e do seu municipio, destacando o turismo industrial a pé de canteiras de pizarra, as paisaxes e espazos naturais e as posibilidades que brinda esta terra para a maridaxe de viños.

O alcalde do Barco, Alfredo García, falou do valor dos viños, como o «godello», e da necesidade de implicación da iniciativa privada para ofertar un turismo de calidade aos visitantes.

Entre as actividades paralelas para esta fin de semana en Valdeorras destaca unha acción lúdica de orientación para por en valor a historia da viticultura no Concello de A Rúa; actividades gastronómicas e de sendeirismo, como unha visita ao Parque Natural Serra Enciña da Lastra. Haberá Cantos de Taberna nalgúns establecementos, que se maridarán con viños da denominación de orixe ou catas nas covas tradicionais no pobo de Seadur, entre outras.

A visita ás covas, tan propias do territorio, e un showcooking protagonizado por Begoña Vázquez, propietaria do Restaurante Regueiro da Cova e premiada como mellor cociñeira no Galicia Forum Gastronómico de Galicia, serán os pratos fortes deste programa.

Unha fin de semana para disfrutar da gastronomía, viños, patrimonio e paisaxe.