O BNG lamenta que Valdeorras non conte con ambulancia de Soporte Vital Avanzado

Publicidad

Lembra que a comarca ten a taxa mais alta de mortalidade por accidentes laborais en Galicia

O BNG de Valdeorras califica de desprezo «á nosa xente e ao noso distrito sanitario a negativa da Xunta ao negarnos novamente o dereito a contar cunha ambulancia asistencial de Soporte Vital Avanzado (SVA) no noso distrito», di Jesús Vilasánchez.

Publicidad

No novo prego de cláusulas administrativas para a contratación de transporte sanitario urxente terrestre do 061, no referente as ambulancias de SVA 061 mantéñense os recursos existentes e increméntase unha ambulancia de SVA medicalizada para O Salnés e unha ambulancia de SVA de enfermaría para Lalín, «mais négase de novo unha
ambulancia similar a esas para o distrito de Valdeorras pese a ter nós a taxa mais alta de mortalidade por accidentes laborais en Galicia (1995-2021, sen datos posteriores); así como tamén ser o distrito máis afastado dos grandes hospitais de referencia, e cunhas vías de comunicación deficitarias», engade.

Publicidad

Jesús Vilasánchez recorda que a imperiosa necesidade dunha ambulancia dese tipo no distrito sanitario de Valdeorras foi recoñecida polas forzas políticas do Concello do Barco, que aprobou por unanimidade no mes de outubro unha moción para solicitar que se incluíse esa ambulancia neste novo concurso.

Publicidad
Publicidad

Esta ambulancia de Soporte Vital Avanzado foi solicitada múltiples veces polo BNG, quen tamén presentou nese sentido emendas aos orzamentos da Galiza para os anos 2023 e 2024, e todas as veces esa pretensión foi rexeitada.

Publicidad

Como novidade, sina Jesús Vilasánchez, é que dotan ao concello da Veiga dunha ambulancia non asistencial, codificada como “clase A1 (ANA-C). Non é unha ambulancia de Soporte Vital Básico nin unha ambulancia de Soporte Vital Avanzado. É simplemente unha ambulancia con material moi básico máis un DESA, unha ambulancia sen persoal sanitario, e que so conta cun condutor que está imposibilitado de facer nada por un paciente mentres conduce».

Publicidad

Por todo iso, Jesús Vilasánchez considera que «de novo Valdeorras está sendo discriminada. A vida da nosa xente vale tanto como a de calquera outro lugar, non somos cidadáns de segunda. Pode que non se vexa a importancia, pero pensa que algún día o que estea dentro dun coche no fondo dun barranco ou baixo as pedras nunha canteira pode ser o teu fillo, ou a túa filla, ou tí», conclúe.