A candidata a presidencia da Xunta pediu o voto da mocidade
O BNG pechou a campaña nun mitin que reuniu a unhas 3.000 personas en Santiago de Compostela. A candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, proclamou que «o cambio xa está aquí».
Ana Pontón pediu o voto da mocidade sinalando que «Somos a esperanza deste país e imos facer historia cunha muller presidenta».
No acto escenificouse a reconciliación do nacionalismo galego cun abrazo histórico o do histórico Xosé Manuel Beiras e o que foi o seu sucesor ao fronte do Bloque, Anxo Quintana.