Jesús Vilasánchez: «Renuncio como concelleiro, a xuventude é a que ten que liderar o BNG do Barco»

Publicidad

Sinalou que o crecemento da formación nacionalista no Barco non é debido ao «efecto Pontón» senón a que «curramos e loitamos moito»

Jesús Vilasánchez, histórico e veterano do BNG no Barco de Valdeorras, persoa moi activa na defensa da sanidade en Valdeorras e comprometido co entorno, presentou a súa renuncia como concelleiro do no concello ca incorporación do número 4 da lista, Xavi Rocha, e portavoz da formación na Corporación, Manuel Agra.

Jesús Vilasánchez xustificou a súa renuncia abundando en que «a política non é unha carreira de fondo, é unha carreira de relevo e cando un mira para o entorno e ve que hai alguén con capacidade e gañas o que ten que facer é apartarse». Puxo por diante que «Xavi é un tipo moi preparado, novo, e a xuventude é a que ten liderar o BNG do Barco. É cunha cuestión de idade».

Fixo balance da situación do BNG no Barco, aportando gráficas históricas dende o ano 1987, cando «unha serie de valientes atrevéronse con 50 votos, no 1991 xa non se atreveron a ir e no 1995 obtuveron un resultado impresionante e foron subindo ata o 2003, momento no que caeu a intención de voto ata o 2015 ata que volveu a repuntar».

Publicidad

Neste senso citou que no 2011 apareceron as «mareas», no 2012 escindiuse o BNG en dous, cunha linea en descenso ata remontar, unha cuestión que foi «fruto do traballo do BNG, non de sorte», insistiu.

Valorou tamén a traxectoria do PSOE no Barco que, dixo, «leva perdendo votos dende 2007 e seguindo as previsións das gráficas en 2027 cruzaríase con nos, o BNG para arriba e o PSOE para abaixo».

Jesús Vilasánchez indicou que no Barco os resultados non son debido ao «efecto Pontón», son «de currar moito e con moitas gañas. Non tivemos sorte, traballamos moito. O efecto Pontón non xustifica os nosos resultados no Barco, os xustifica a loita e reivindicación sanitarias, contra as preferentes e outras nos que o BNG sempre estivo presente, houbo unha loita diaria de toda a candidatura”.

Xavi Rocha, o novo concelleiro do BNG

 A renuncia de Jesús Vilasánchez da paso ao número 4 na lista, Xavi Rocha, programador informático que viviu ata hai pouco durante uns 14 anos en Irlanda. É a primeira vez que exercerá política municipal. Manifestou que «teño que ir aprendendo e ir pouco a pouco”.

E presentou unha canle de YouTube adicada a soporte para temas do Concello que vén de crear para trámites. “Será só técnica”, aclarou.

Pola súa banda, Manuel Agra deu as grazas á Suso Vilasánchez pola “súa implicación co BNG, coa comarca e por suposto co Concello. Foi e seguirá sendo todo un referente no compromiso”.