Secundino Fernández, o deputado do BNG que será portavoz de Valdeorras no Parlamento galego

Publicidad

Visitou o Barco e tamén o centro de saúde da Rúa

María González Albert, alcaldesa da Rúa; Manuel Agra, voceiro municipal do BNG no Barco; María Mangana, deputada provincial do BNG na Deputación de Ourense e Secundino Fernández, deputado no Parlamento e concelleiro do BNG en Viana do Bolo, compareceron en rolda de prensa para dar a coñecer aos responsables políticos nacionalistas de velar polos intereses da comarca de Valdeorras en cada unha das institucións nas que este partido ten representación e tamén as primeiras iniciativas nas que o BNG vai comezar a traballar nesas institucións.

Publicidad

«Os ámbitos de traballo resultarán bastante reiterativos con respeito aos dos últimos anos, pois nin desde a Deputación de Ourense nin desde a Xunta de Galiza se fan cargo das necesidades de Valdeorras», expresou María Albert.

Secundino Fernández foi dado a coñecer como o deputado do BNG que trasladará as demandas e necesidades da comarca de Valdeorras ao Parlamento de Galicia. O tamén concelleiro de Viana do Bolo, sinalaba como primeiros eixos a abordar a situación da sanidade e as comunicacións. 

Publicidad

O deputado nacionalista citou outro dos eixos de traballo de especial importancia para o BNG na comarca de Valdeorras como é a falta de pediatras. «Non é normal que haxa un só pediatra para toda a área sanitaria, unha área que abarca tamén Viana, Vilariño de Conso e Rubiá”, expresou Secundino Fernández.

Publicidad

As vías de comunicación terrestres son outro dos eidos de traballo que abordará o BNG desde o Parlamento. “Estamos falando dun territorio moi extenso, que abarca máis que a propia comarca, con moita poboación e ademais moi dispersa e cunhas carreteras deficientes, que centrarán tamén o traballo do BNG no Parlamento”, engadiu Secundino Fernández.

Tamén dixo que afondará nas necesidades do sector agrario en Valdeorras, tendo en conta que é unha das zonas vitivinícolas de relevancia.

E fixo referencia a demanda de construción do centro de saúde da Rúa, «que non se materializou a pesar das reiteradas peticións nacionalistas no Parlamento galego» —suliñou—.

Rematada a rolda de prensa no Barco, o deputado trasladouse ao concello da Rúa onde visitou os terreos onde está proxectada a construción do centro de saúde.