«Homenaxe á castaña, outrora o pan dos pobres»

Publicidad

Agarimo Tapería bota man da historia do Barco neste artigo, con motivo do magosto que organiza para o día 20 de outubro, recordando o peso que tiña o casco vello no pasado

Agarimo Tapería anima a sumarse al magosto que organiza el 20 de octubre compartiendo el siguiente artículo en el que recuerda el peso que tuvo en el pasado el casco viejo de o Barco y que dice así:

Dende o momento en que a xerencia do «Agarimo» apostou polo casco vello, sabía que tiña que implicarse polo barrio, recuperando vellas tradicións e costumes que foron perdéndose a partires do inicio da guerra civil. O casco vello, que era o centro neurálxico do Barco de Valdeorras, tiña os seus propios xogos, as súas festas e romarías e algunha celebración que coincidían con determinadas épocas do ano, entre elas, «o magosto».

Ademáis das festas patronais de San Mauro, tiña as súas charangas, a súa tómbola, concursos de bailes de época e de traxes de época, solta de enormes globos, sin que faltaran os concursos de sacos e de feos, sempre en clave de humor, se respiraba unha sana ledicia.

Publicidad
Publicidad

Celebrábase, en víspera do Cristo, a «kermesse» ou verbena romántica, onde acudían chulapos e manolas, e onde se degustaba una rica horchata. Había música, chotis e carriños de xeados, bombos con ruleta, chea de ricos barquiños de oblea grande e de cucurucho. O baile, chovera o non, formábase na calle Oscura, frente as casas de Lidia, cual corredor subíase a orquesta do Sandali e a de Herminio Murciego, a sazón dos guardias municipais e aquela muller, Maruxa, que encargábase do bar.

No casco vello había varios bares. Recordamos os dos anos 60, «El Carbonilla», o bar Metro, o bodegón, O Buraco que abriran Rosa e Ramón. «O bar do juez» (hoxe Veira Sil); «Trece Mil», na calle Real e enfrente a «Tacita», o bar do Suleica, a terraza do Casino Vello, o Bar Emigrante, o «Hogar del soldado», o bar do Clemente, e o bar do Jarona (na plaza da igrexa vella, máis tarde Bar López). A confitería de Antonio Lago, que tamén despachaba viño doce con pastas e pasteis…

Contábannos os nosos pais que a castaña rendíalle culto a través dos magos, onde se regaban as castañas asadas coa clásica purrela. Aberto o apetito, seguido do rústico menú de chourizos e panceta asados. Todo elo nun ambierte lúdico, onde non faltaban los cantos de taberna.

O «Agarimo» quere seguir a tradición dos magostos, rememorando como se facían na calle Oscura cunha festa de magosto, o 20 de outubro, de 19,00 a 21,00 horas, que terá un aforo máximo de 150 persoas (todas sentadas), cun menú clásico de castañas, bolo preñado, panceta e unha consumición, a un prezo de 10 euros para os adultos e 5 euros, para cativos.

O restaurante estará aberto despois do magosto ofrecendo a súa carta habitual, e dicir, a partir das 21:00 ata peche da cocina.

Co magosto queremos rendirlle culto a castaña, alimento que foi tanto para persoas como para os seus porcos. A castaña era golosina de nenos e pan de pobres. Era, xunto co viño e o porco o réxime alimenticio das familias humildes. E os excedentes servían como moneda de cambio para pagar os alimentos básicos que se compraban «ao fiado» nas tendas de ultramarinos.

Ao mesmo tempo, recordar a importancia da castaña, a cantidad de productos que dela podemos obter e as propiedades beneficiosas que aportan para a saúde.

Esperámosvos no Agarimo, si o tempo nos permite, o venres 20 de outubro. A asistencia é por rigurosa reserva, chamando ao teléfono 681903653.

¡Viva o magosto! ¡Viva O Barco!