O Concello do Barco sacou a concurso a renovación e configuración de servidores

Publicidad

O prazo para presentar ofertas é de 15 días naturais desde o 26 de abril

O Concello do Barco publicou o 26 de abril no Perfil do Contratante da Sede Electrónica do Concello o concurso, polo procedemento aberto e simplificado, para a subministración, instalación, configuración e posta en marcha da renovación da solución integrada de virtualización de servidores, almacenamento e backup existente nas dependencias do Concello do Barco de Valdeorras.

O contrato pretende englobar tanto a subministración do equipamento como os servizos de instalación e configuración do mesmo, incluíndo todos os elementos accesorios e licenzas de software necesarias para a súa posta en explotación. Entre as tarefas para realizar englóbanse a subministración e montaxe dos diversos elementos definidos nos pregos, as instalacións, configuracións e posta en marcha da infraestrutura subministrada, a instalación e configuración do software, a migración das maquinas virtuais actuais (necesarias) na nova contorna, e o servizo de formación e documentación.

O proxecto inclúe tamén un sistema de almacenamento consolidado e o seu correspondente sistema de backup, replicación e recuperación, así como virtualización e/o migración das máquinas existentes, e todo iso nunha contorna con alta dispoñibilidade, facilmente escalable, que a súa vez sexa respectuoso co medio ambiente, e responda a criterios de eficiencia enerxética e simplificación da instalación e as súas futuras ampliacións.

Publicidad

O contrato ten un importe máximo de algo menos de 50.000 euros, e a presentación de proposicións e documentos para este procedemento -para o que hai un prazo de 15 días naturais, realizarase exclusivamente a través
da plataforma telemática “Mercurio”, e na dirección web seguinte, na que tamén se atopan todos os documentos relativos á contratación:

https://mercurio.altia.es/SLE_Internet/?entidad=P3201000A&tipoAcceso=no
rmal&clId=049

O adxudicatario disporá dun prazo de 3 meses para a execución dos traballos.