Gabriel Alén: «Galicia está de moda, mais que nunca»

Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense
Publicidad

O delegado territorial da Xunta en Ourense fai balance do seu primeiro ano no cargo: «A relación con todos os concellos da provincia é extraordinaria»

Gabriel Alén Castro leva un ano e tres meses como delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, cargo que exerce con empeño, cordialidade e un talante conciliador, marcado polo diálogo, a capacidade de escoitar e a empatía, cualidades esenciais para comprender e dar resposta as inquedanzas dos Concellos da provincia.

O ano que acaba pasoulle como un raio, envolto no ritmo trepidante propio que marca a axenda do seu traballo. Despois de percorrer incontables quilómetros, día tras día, para achegarse a todos e cada un dos recunchos da xeografía ourensá, o delegado da Xunta en Ourense está agora moito máis perto do territorio.

Metido na pel dos alcaldes e alcaldesas, por ser rexedor durante 9 anos en Cenlle (2011-2020), Gabriel Alén entende aquelo que quita o sono aos concellos, poñéndose a súa disposición para tentar recoller as súas inquedanzas e resolver problemas. «A experiencia na alcaldía da unha empatía que penso que debe ter o delegado da Xunta», di.

Publicidad

O delegado territorial cree firmemente no proxecto da Xunta no que está inmerso, «un proxecto de porvir para Galicia», define Gabriel Alén. Defensor nato do medio rural, crente na Profundidade de Galicia con letras maiúsculas, considera que Galicia, Ourense e o rural están de moda, mais que nunca.

Gabriel Alén defínese amigo do consenso, da cordialidade e da empatía, cualidades que pon en práctica. E observa que, as veces, «a política está mal entendida, pois non é sinónimo de liortas. É un servicio aos cidadáns para crear oportunidades e resolver problemas».

Achegámonos a Gabriel Alén, quen califica Valdeorras como «un tesouro por descubrir» ao tempo que reafirma o compromiso da Xunta ca comarca e para resolver un dos problemas que más preocupa a comarca, a sanidade. «É unha prioridade para a Xunta», sinala.

Valdeorras de Cerca: En setembro cumpliu un ano como delegado territorial, cal é o seu balance?

O ano correu rapidísimo, pola intensidade da actividade da Xunta de Galicia. Podería parecer que so estivemos centrados na pandemia, que sí estivemos, demostrando anticipación na toma de decisións que deron os seus froitos. Pero fora diso, o ritmo de traballo foi trepidante. Estou encantado como delegado porque é un proxecto no que confío, ao que lle dedico moitas horas, que defendo firmemente, dende o municipalismo, e con moitísimo contacto co territorio.

Valdeorras de Cerca: ¿Como cara visible da Xunta no territorio ourensán, que sinte?

Estou orguiosísimo. É unha experiencia vital enorme, pero sabendo de donde veño, tendo moi claro que o día que se acabe seguirei igual de feliz. Eso si, ca sensación de que fixen todo o posible, que puxen empeño día a día, tentando solucionar problemas aos concellos para facer a vida mais agradable aos cidadáns. Os problemas enténdense moito mellor, e as solucións atópanse, pisando o territorio, escoitando aos alcaldes. E polo tanto, estou moi satisfeito. Non tiven tempo de mirar atrás, senón cara adiante para seguir loitando polos proxectos para Ourense.

Valdeorras de Cerca: ¿Ten mais satisfaccións que sinsabores?

Penso que en calquera posto político hai que empatizar, poñerse no lugar de outro. Aprendinno cando exercía política municipal e durante a miña traxectoria como alcalde de Cenlle. Esto supón que as satisfaccións sempre son moito mais grandes, pero tamén os sinsabores; os problemas se viven mais intensamente. Creo que este é o xeito de facer política. Hai que involucrarse.

Publicidad

Valdeorras de Cerca: ¿A figura de delegado é…?

É fundamental porque da unha visión integral de todas as actuacións da Xunta no territorio. Integra todas as actuacións da Xunta e axuda a correxir disfuncionalidades, a recoller problemas e necesidades dos Concellos. É un posto moi relevante, non na miña figura, senón no que se refire a esa labor integradora.

Valdeorras de Cerca: ¿Qué virtudes citaría para desenvolver este posto?

A empatía e saber escoitar, mais que falar. E certo que a figura do delegado sae permanentemente nos medios de comunicación na representación da Xunta, pero realmente dedicamos moito mais tempo a escoitar e á xestión, e isto é fundamental.

Valdeorras de Cerca: ¿Cales son os obxectivos?

Intentar acadar o máximo para a provincia de Ourense, dentro das competencias da Xunta de Galicia. Que o territorio ourensán reciba fondos, que as iniciativas pioneiras veñan para a provincia. Aí temos Consellerías que están a facer unha discriminación positiva como a de Medio Rural, executando un cambio estructural, de principio a fin, a través da recuperación de terras abandonadas; poñendo en producción ese rural abandonado para que xenere oportunidades, gañe valor añadid e loitando contra a lacra dos incendios. Pero tampouco hai que olvidar a importancia de Política Social, coas súas iniciativas complementarias de conciliación familiar, e mesmo da Sanidade, que suman, e moito, na xestión da Xunta de Galicia en Ourense.

Valdeorras de Cerca: Despois de anos de loita, ¿rexurdirá realmente algún día o rural?

Ourense, unha das provincias mais rurais non so de Galicia senón de España, está sendo ese banco de pruebas, onde se están poñendo os mecanismos e dando pasos moi importantes para obter resultados a medio plazo. E xa se está producindo esa transformación, tamén dende o ámbito turístico, tal e como xa se visualizou nos últimos meses. Galicia e o rural están de moda. Xa o estaba antes de pandemia, e agora estará ainda mais ca chegada do AVE a Ourense. Esto xenera moitísima mais ilusión para seguir traballando e aproveitar esta oportunidade que se nos presenta.

Valdeorras de Cerca: ¿Cal e o maior problema nese eido?

Os grandes problemas como o demográfico non se solucionan cunha varita máxica, pero si con ferramentas que logo hai que aplicar no tempo. Temos unha Lei á que damos unha importancia suprema, a Lei de Recuperación de Terras Abandonadas. Sabemos da dispersión xeográfica, das miles de parcelas que non son rendibles por si mesmas, moitas delas sen propietario coñecido, pero co citado mecanismo pódense agrupar e darlle un valor engadido a ise produto, que xa de por si ten. Galicia ten a súa marca, a calidade, que está na súa paisaxe, gastronomía, carnes, o Camiño de Inverno, a Vía da Prata etc. O modo de habitar as nosas aldeas, o noso rural, é dando oportunidades. O que temos que facer é revertir a situación, que as terras produzcan, e despois dar solucións de políticas de conciliación familiar. Todo, tendo presente o ámbito tecnolóxico. Estamos procurando a conectividade ao cen por cen en todo o territorio, e a curto plazo nas aldeas do rural galego.

Na Casa Grande de Viloira, que a Xunta restaurará

Valdeorras de Cerca: Os xeodestinos, a chegada do AVE, turismo… ¿Éste é o momento da provincia de Ourense?

Está nas nosas mans saber aproveitar este momento. Aiquí ninguén se pode poñer de perfil. Alcaldes, diputados, veciños, empresarios, todos xuntos temos que remar e ter esa visión. Agora danse circunstancias importantes que poden actuar de palanca da economía e no desenvolvemento turístico da provincia, nunha Galicia que está de moda. Vimos de celebrar este ano o centenario da Xeración Nós, aqueles intelectuais que estaban orguiosos da esencia da nosa terra. Con este orguio da nosa terra hai que aproveitar todas as ferramentas e oportunidades que se presentan para salir relanzados como provincia, unha provincia con presente e futuro na que se están dando grandes investimentos.

Eu sí que creo na Profundidade de Galicia, con letras maiúsculas. Quedou demostrado durante a pandemia que o que valora a xente agora mesmo é o rural. Galicia está de moda. E polo tanto si que somos diferentes, con moitísimo orguio, con unha singularidade que se reflicte na paisaxe, no patrimonio, nos productos primarios, no termalismo, nos viños… Temos todo, esa profundidade, ese orguio de Galicia para estar de moda e temos que ser quen de aproveitalo.

«A sanidade en Valdeorras é unha prioridade para a Xunta»

Valdeorras de Cerca: Imos a Valdeorras, tan lonxe de Ourense e Galicia, tan perto de Castela e León, ¿percibe esta distancia?

É unha realidade que está lonxe da capital. Temos que facer o posible para conectar a comarca con Ourense, hai que dar pasos para reducir esos tempos. Hai que achegar Valdeorras á capitalidade e a inversa. A distancia xeográfica é importante, condiciona todos os ámbitos, tamén turístico e sanitario. Eu sí penso que unha das posibles solucións para facer mais atractivas as plazas do Hospital de Valdeorras para sanitarios é sumarse todos para mellorar a comunicación con Ourense, estar mais perto, e non perder a nosa identidade.

Valdeorras de Cerca: Falando de sanidade, ¿que opina das movilizacións en Valdeorras?

Primeiro, respeto absoluto polas manifestacións e manifestantes. Compartimos un obxectivo común por un mellor sistema público de saúde para Valdeorras, algo no que estamos todos dacordo, os grupos políticos, sindicatos e sanitarios. Dende a Xunta de Galicia estase a facer un gran traballo, importante, silencioso, discreto e ao límite das competencias. Porque o problema real, importante e primitivo, é a falta de médicos en toda España. Estamos demando do Goberno central —e non so Galicia senón todas as Comunidades españolas e de todos os signos políticos—, que se nos deixe convocar a oferta de emprego público do ámbito sanitario para cubrir non o cen por cen das xubilacións, senón o cen por cen das vacantes.

Si as prazas están cubertas con funcionarios, a movilidade xenera cobertura en todo o territorio galego. Tamén estamos solicitando formación MIR, pois hai un problema estrutural na formación de médicos especialistas. Dende o noso ámbito competencial, en canto ao Hospital de Valdeorras, trazouse unha colaboración con Castela e León que están dando resultados, como co resto das áreas sanitarias de Galicia, neste caso na área de Traumatoloxía. Ademais, hai un traumatólogo que xa leva traballando dende novembro. Ise é o camiño a seguir, non é a solución definitiva, pero temos que seguir na vía de colaboración con Ponferrada, e a inversa, pois é un problema estrutural, repito, en toda España. Pretendemos disminuir o máximo posible las listas de espera.

¿Hai por tanto un compromiso firme ca sanidade en Valdeorras?

Por suposto. Unha das grandes preocupacións e prioridades da Xunta é o Hospital de Valdeorras. Estamos reivindicando ao Goberno central que nos deixe sacar a oferta de emprego público. Poño como exemplo que neste último ano se convocaron plazas ata en tres ocasións que quedaron vacantes. Isa é a realidade. Nos estamos convocando continuamente as plazas, pero en moitos casos quedan desertas. O fiel reflexo da aposta polo Hospital —aínda que non é o primeiro porque a pandemia nos deu unha lección de que o importante é o capital humano, e iso sabémolo—, son melloras tecnolóxicas e aí están as obras por valor de 2 millóns de euros na mellora do Hospital e a incorporación de medios tecnolóxicos. As medidas que anunciamos xa hai un mes están dando resultados. Poñemos todo o noso empeño, e a carón de Valdeorras, cun respeto absoluto aos cidadás, alcaldes, sindicatos sanitarios e grupos políticos de esta área sanitaria.

Valdeorras de Cerca: ¿O AVE tamén é unha oportunidade para Valdeorras?

É unha grande oportunidade para a comarca dende o punto de vista turístico. Valdeorras é un tesouro por descubrir, cun grande potencial turístico e enoturístico con patrimonio e moitos recursos atractivos.

¿Cuál é a realación cos alcaldes e alcaldesas da provincia?

Relación institucional plena, afectuosa, correcta. Ten que ser así. As administracións estatal e autonómica sen a administración local non podería aplicar iniciativas. O territorio é importante. Hai unha relación extraordinaria. Ainda que poda parecer que hai liortas, nada mais lonxe da realidade. Hai unha magnífica colaboración na provincia e Valdeorras. Somos socios no porvir de Ourense e Valdeorras.

¿Que pegada gostaríalle deixar como delegado?

Non quero ser pretencioso en grandes aspiracións, estou nun proxecto no que creo que se están facendo ben as cousas. Teño ilusión, lle poño corazón ao que fago e moita capacidade de traballo. Nunca pensei que ía estar na vida pública, na que levo xa uns 15 anos. Pero estou orguiosísimo sendo unha grande experiencia.

(Gabriel Alén é profesor de Educación Física, unha profesión vocacional. Conserva a su praza en Cambeo, que «ten moi presente» —di— si ben agora está centrado na súa función de delegado da Xunta. Di que «o mais bonito que hai na política é o servicio ao cidadán, crear oportunidades e solucionar problemas).