Foxo: “Estabamos equivocados cando pensabamos que a gaita a inventaramos nós os Celtas”

Publicidad

O director da Real Banda anima a visitar a exposición de Cornamusas Primitivas na Casa Grande de Viloira mentres o Instituo Galego de Estudos Valdeorreses (IEV) iniciou un programa de visitas guiadas

“A gaita é un dos instrumentos máis significativos de Galicia, e dela non sabemos nada”. Así é como resume o director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xose Lois Foxo, o trasfondo da exposición “Cornamusas Primitivas. Historia da Civilización” que o 31 de outubro inaugurábase na Casa Grande de Viloira (O Barco), acompañado da delegada da Deputación, María del Carmen González, o representante da Xunta Manuel Pardo, o presidente da Asociación Camiño de Inverno, Enrique Álvarez Bareiro e o presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, Aurelio Blanco.

Vinte pezas únicas, seleccionadas entre as moitas que alberga o Museo Internacional de Cornamusas de Ourense, e das que Foxo di que tentan “amosar, con moita información histórica, lingüística, filolóxica e musical, que estabamos equivocados cando pensabamos que a gaita a inventaramos nós os Celtas”.

Publicidad

Porque esta exposición, conta Foxo, “é unha desmontaxe do concepto do celtismo” desde moi diversas perspectivas, “amosando exemplares de séculos primitivos que, apoiándonos no que vemos na escultura, na pintura, nas cantigas da época, podemos dicir que naceron moito tempo atrás”.

Publicidad

Así, por exemplo, na mostra de Viloira podemos ver “as gaitas que se empregaban no século XIII, que ademáis están esculpidas nas entradas das catedrais de León e Burgos, incluso en Barcelona. Os escultores da época eran absolutamente fieles ó instrumento igual que as cantigas de Alfonso X El Sabio”, conta Foxo.

Na presentación da exposición tamén se presentou o libro do mesmo nome do que é autora Ruth Foxo, “un exemplar interesante e precioso porque ela dedícalle moitísimo tempo a elo. Ten información profunda e sobre todo novedosa”.

Publicidad

Para o director da Real Banda, o seu cas gaitas é unha paixón e afición á que dedicou a súa vida. Só desta maneira pódese entender que o Museo de Ourense teña pezas “que só están aquí, porque nos lugares de orixe xa desapareceron”.

E cando o conta, non pode evitar a anécdota na que se fixo coa gaita Masak da India, unha das que agora poden verse na Casa Grande, na que “encontramos un grupo de pastores beduinos no deserto do Líbano que tocaban o instrumento e para conseguila nos vimos negros”.

Só coa dedicación dunha vida pódese ofrecer unha mostra deste tipo, da que agora amósase parte no Barco, formada por gaitas procedentes de España, Francia, Italia, Suecia, Xeorxia, Romania, Croacia, Túnez, Irán, República de Marí, Illas Gregas, India, Turquía, Malta e Ucrania.

A exposición permanecerá aberta ata o próximo 31 de decembro no horario de luns a venres de 9,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas, sábados de 10,00 a 14,00 horas.

O IEV programa visitas guiadas para escolares

Pola súa banda, o presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV), Aurelio Blanco Trincado, indicou que está a facer visitas guiadas para alumnos dos colexios e institutos de Valdeorras, con duración de 30 minutos pola exposición de gaitas e cornamusas do Museo Internacional de Gaitas de Ourense, «un dos máis importantes do mundo no seu xénero», suliña.

As visitas de grupos están limitadas a 10 alumnos cos seus profesores e teñen un horario de 9,30 a 12,30 horas, de luns a venres. De feito, xa visitaron a exposición dous grupos do colexio Otero Pedrayo de Viloira. «E hai petición de visitas para outros 8 grupos máis», apunta.

Finalmente, aconsella que as personas que vaian pola sua conta, «leven o móbil para ir percorrendo a exposición coa información dos códigos QR».