Fernando Guldrís: «Hai dinamismo emprendedor en Galicia»

Publicidad

O director do Igape dí que os programas de axuda para emprender teñen moi boa acollida

Odirector do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, dí que as axudas e programas que a Xunta dispón para fomentar o emprendimento no medio rural están tendo moi boa acollida. «Hai dinamismo emprendedor en Galicia», asevera.

Guldrís estivo esta semana no Barco de Valdeorras con motivo do Foro Think Tank, celebrado no marco do programa Conecta Ourense, que a Xunta ten en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense.

Publicidad

Valdeorras de Cerca: ¿Hoxé é mais fácil emprender, tamén no rural?

Publicidad

Sí. Hai un amplo abano de alternativas. Temos programas que apoian directamente o investimento e a posta en marcha de negocios no medio rural. O Igape lanzou este ano «Galicia rural emprende«, que vai destinado a poñer en marcha iniciativas empresariais gandeiras ubicadas no rural. Pero tamén hai outros programas como «Re-acciona», os «coworking» ou as «aceleradoras empresarais», que buscan non tanto axudar no investimento, senón orientar, formar, mentorizar con asesoramente, información e orientación sobre como dar os primeiros pasos dun negocio para que sexa un éxito e salga adiante.

VdCerca: ¿Qué acollida están tendo este tipo de programas de axuda?

Moi boa acollida. A línea «Galicia rural emprende» agotou o crédito da convocatoria que fixemos no 2022, mentres que os programas de coworking e de aceleradoras empresariais, sempre cubrimos o cupo de solicitudes recibidas. Polo tanto, si que vemos dinamismo emprendedor en toda Galicia en xeral, e temos tamén determinados proxectos que nacen no rural e que se queren anclar no eido rural.

VdeCerca: ¿Cal é o sector ou tipo de proxecto mais frecuente á hora de emprender?

Hai proxectos de diversa índole, pero compre destacar aqueles ligados ao sector agroalimentario, que parten de productos da terra ou da gandeiría para transformar produtos e ofertalos, e tamén atopamos outros proxectos que xa nacen sendo puramente dixitais. Hai empresas que nacen e ofrecen os seus servizos dende aiquí, incluso fora de España, competindo en perfecta igualdade de condicións que calquera outra empresa do mundo ou de calquera área urbana.

VdeCerca: Polo tanto é posible vivir no rural e do rural

É posible e estámolo a ver. O feito de que hoxe sexa máis doado acceder a solucións tecnolóxicas fai que moita xente se plantexe establecerse no rural porque atopa que, apoiado nestas ferramentas, pode poñer en marcha un negocio ou seguir adiante no caso que non sexan empresarios pero estén involucrados nunha empresa.

Publicidad

VdeCerca: O Think tank foi un éxito no Barco

Estamos moi satisfeitos. O poder de convocatoria funcionou moi ben. Teño que agradecer tanto a CEO como AEVA, que dinamizasen a xornada. Coido que foi un éxito e unha iniciativa moi positiva non so para recibir información senón para que nos trasladen as dificultades que os empresarios atopan e poidamos axudar. O obxectivo do programa foi facer chegar a toda a provincia de Ourense, e as comarcas ubicadas no rural, as diferentes axudas e palancas de apoio que poden atopar nos departamentos da Xunta de Galicia para impulsar proxectos empresarias. En particular, no Barco, falouse e fíxose unha reflexión sobre impulsar negocios dende o eido rural pero tamén do emprendemento e de como as ferramentas dixitais que foron desenvolvéndose nos últimos anos facilitan un pouco máis, derriban algunhas barreiras para levar a cabo proxectos neste eido. Trátase de compartir experiencias, información e que as personas que estén interesadas coñezan polo miudo os apoios e solucións que poden atopar.