CIG-Saúde: «Os pacientes de Hematoloxía están sendo atendidos por teléfono»

Publicidad

O sindicato urxe melloras no servizo

CIG-Saúde urxe melloras no servizo de Hematoloxía do Hospital Público de Valdeorras. O sindicato sinala que en xaneiro deste ano, o centro hospitalario quedou cuberto só por unha hematóloga de presenza física, das dúas prazas que existen. «Esta profesional estivo asumindo o traballo de todo o servizo, co único apoio de que parte das gardas se cubriran mediante atención telefónica dende o CHUO», di nun comunicado.

Isto último, lonxe de arranxar a situación, «contribuíu a sobrecargar o servizo, deixando tarefas que quedan pendentes por non poder solucionalas por teléfono, e ocasionando ás veces traslados dos pacientes a Ourense, que de estar de presenza física non serían necesarios», engade.

Na actualidade, explica a CIG, esa única hematóloga que quedaba no Hospital tampouco vai estar temporalmente, polo que os doentes, a día de hoxe, «están sendo atendidos vía telefónica, como se de unha cita telefónica de primaria se tratase».

Publicidad

Para CIG-Saúde esta é unha situación insostible e perigosa, que compromete a seguridade do paciente, e así se trasladou a xerencia á que lle esiximos que se tomen medidas urxentes para solucionar a situación do servizo de hematoloxía do HCV, que permitan dar unha atención de calidade en igualdade de condicións que ao resto de pacientes da área sanitaria, expón.

Para CIG-Saúde O Barco a xerencia ten que garantir unha atención sanitaria de calidade.

El Servizo Galego de Saúde (Sergas) recuerda que dos de las 21 plazas fijas que están en proceso de adjudicación mediante concurso de méritos corresponden a especialistas en hematología y hematoterapia del Hospital de O Barco. La situación actual, por tanto, es provisional.