«Bebedeira de Ensoños», a exposición de Florencio

Publicidad

Foi inaugurada no Teatro Lauro Olmo do Barco e será itinerante pasando por Ourense e Santiago de Compostela

A exposición «Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños», un proxecto da Xunta de Galicia realizado por Editorial Galaxia, quedou inaugurada no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Fai un percorrido breve pero significativo pola traxectoria vital e intelectual de Florencio. Será itinerante, pasando por Ourense e Santiago.

A presentación foi a crónica anunciada do que se agarda para o vindeiro 17 de maio, día grande para Valdeorras no que Córgomo convertirase na capital das Letras e a literatura en Galicia e no mundo.

A mostra contou ca presencia do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández, ademais de Víctor F. Freixanes, director da Real Academia Galega (RAG); Ricardo Gurriarán, comisario da exposición e familiar do homenaxeado; Xosé Soutullo, conselleiro de Editorial Galaxia; e Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras.

Publicidad

Todos eles profundizaron la figura de Florencio e a proxección que supón as Letras de Florencio para unha terra que, como dixo o alcalde do Barco, sigue sendo descoñecida na propia Galicia.

Entre o público tamén estiveron a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista; o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro, o alcalde da Rúa, Álvaro José Fernández e o alcalde do Bolo, Manuel Corzo. Tamén o senador Miguel Bautista e representantes de colectivos como o Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV); AEVA e membros da Corporación municipal e centros de ensino, entre outros.

Os representantes da Consellería de Cultura subliñaron que con esta mostra a Xunta mantén o seu compromiso de implicarse a fondo na celebración do Día das Letras Galegas, unha xornada que aglutina a toda a cidadanía arredor da lingua galega e das persoas que, como Florencio Delgado Gurriarán, a defenderon e promoveron alá onde foron.

Ricardo Gurriarán, comisario da exposición, lembrou que «unha Bebedeira de Ensoños xa percorreu por estes mesmos lugares hai 24 anos pero sendo Florencio moito menos coñecido que hoxe». Gurriarán guiou aos asistentes pola exposición.

Valentín García, indicou que «Florencio é un persoeiro univeral, mais universal que nunca pois a súa traxectoria levouno a ser coñecido non só en México, onde foi exiliado, senón noutros lugares como Estados Unidos. Universalizou unha idea, Florencio e Valdeorras».

Xosé Soutullo, de Editorial Galaxia, citou as publicacións de Florencio Delgado Gurriarán, coas que Galaxia contribúe no labor dar a coñecer ao autor.

Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, Freixanes, dixo que as Letras Galegas non son un día «senón todo o ano», destacou. Dixo que a Academia «celebra esta explosión social na que participa toda a sociedade, por riba de credos políticos, por riba de idades —ca Primaveira das Letras dos mais pequeniños—.

Contou que A Real Academia Galega elexiu a Florencio pola calidade do poeta, a lealdade do escritor a súa lingua e a súa xenerosidade.

César Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, felicitou polo traballo feito en Valdeorras para acadar o Día das Letras para Florencio. E o alcalde do Barco, Alfredo García, dixo que Florencio pon no mapa a Valdeorras, relatando todo o traballo feito dende hai 30 anos, iniciado polo IEV, ata hai cinco anos coa creación do proxecto «As Letras de Florencio».

A exposición: 15 paneis pola vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán

A exposición producida pola Editorial Galaxia é un proxecto da Xunta de Galicia no ano das Letras Galegas 2022 dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras.

Con carácter informativo e didáctico, divídese en 15 paneis explicativos que percorren a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, e unha selección de obxectos persoais do autor, cedidos pola familia para esta exposición.

Os paneis repasan a traxectoria vital e biográfica do autor homenaxeado, permitíndolle ao
visitante asistir a un percorrido rigoroso e ameno para comprender quen foi, que nos deixou e que implica a figura do escritor.

Por outro lado, dá acceso a unha selección de obxectos persoais do escritor, expostos en mesas-vitrina, como cartas con persoeiros do seu tempo, como Otero Pedrayo ou Castelao; borradores de poemas, que logo remataron nos seus libros; e publicacións orixinais, que permitirán un achegamento máis completo para comprender a súa figura e obra literaria.

A mostra comeza a súa itinerancia no Barco de Valdeorras e seguirá a continuación en Ourense e Santiago de Compostela.