As «Xornadas Florenciófilas» despediron as Letras de Florencio

Publicidad

Despois de ser inauguradas na Rúa achegáronse a Petín, O Barco e Rubiá ca presenza de relevantes persoeiros da cultura e das artes

Petín, O Barco e Rubiá clausuraron as «Xornadas Florenciófilas», despois da súa apertura na Rúa, despendido ano das Letras de Florencio Delgado Gurriarán.

En Petín, no teleclub, Telmo Fernándes Gonçálves falou do papel de Florencio organizando os «barcos da esperanza» dende Francia, unha investigación que este historiador valdeorrés realizou apoiándose na correspondencia entre Florencio e Rodolfo Prada conservada na Fundación Penzol.

Aurora Marco afondou nas mulleres da guerra e posguerra en Valdeorras, que deixou crimes na comarca como o da familia Fernández do Val, en Rubiá.

Publicidad

Pechando as intervencións estivo Camilo Valdehorras, quen analizou a relación de Florencio coa Xeración Nós e a faia na transmisión da galeguidade no exilio mexicano.

No Barco de Valdeorras, Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Concepción Álvarez, doutora en Filoloxía Galega e Lingüista e Francisco Cobo, investigador, catedrático e profesor Secundaria foron os poñentes doutra xornada Florenciófila.

Nesta xornada, falouse do tipo de lingua de Florencio e, incluso, propúxose facer un diccionario valdeorrés, unha débeda con Florencio, dixo Rosario Álvarez.

Concepción Álvarez lembrou o canto de Florencio Delgado Gurriarán a súa terra con poemas que retratan as singularidades e paisaxe de Valdeorras. E Francisco Cobo falou dos poemarios do poeta de Córgomo.

O evento cultural pechouse en Biobra (Rubiá).

En Biobra (Rubiá) falouse de arte e de como achegarse dende diferentes disciplinas creativas á figura de Florencio.

Nesta mesa estiveron creadores que teñen adaptado a Florencio a diferentes formatos e soportes como o tetaro, o audiovisual e a música. Son Domingo D. Docampo, Ramiro Núñez e Raquel Queizás.

Cristina De La Torre foi unha das persoas que moderou as xornadas, un evento cultural que fixo balance das Letras de Florencio e Valdeorras.