O documental proxectarase o 16 de decembro, ca presencia de 200 escolares, e a película pódese ver o 18 de decembro
As Letras de Florencio despide o ano das Letras Galegas do poeta valdeorrés convidando aos estudantes de Valdeorras e Galicia a unha estrea moi especial, a do documental «Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z», de Arraianos Producións.
Será o venres 16 de decembro ás 12 da mañá ca proxección simultánea no Centro Cultural Avenida da Rúa, á que acudirán máis de douscentos estudantes da vila, e máis en Youtube: https://youtu.be/dNJC4YyHtS8.
O documental, dirixido por Aser Álvarez, ten unha duración de 51 minutos. O director estará na estrea na Rúa para presentar a peza e conversar co público tanto na sala, como a através do chat de YouTube.
O domingo 18, ás 20,00 horas farase tamén a pre-estrea da longametraxe documental «Florencio na Terra», de SocialDocs e dirixido por Domingo Díaz Docampo, tamén no Centro Cultural Avenida da Rúa.
A asistencia a ambas proxeccións é libre ata completar aforo.