Representantes do proxecto As Letras de Florencio de Vilamartín un brinde que abrirá no 2023 unha nova etapa
Valdeorras foi o epicentro da cultura en Galicia e no mundo durante 2022. O proxecto As Letras de Florencio deixou de ser un sono para facerse realidade. 2022 foi o ano de Florencio, no que se lle adicaron as Letras Galegas, unha data histórica. 2023 achegará unha nova etapa ca posta en marcha da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.
Un brinde e unha panxoliña do cantautor Anxo Rei, que puxo música e voz a versos de Florencio, despediron o ano de Florencio na Aira dos Bolos de Córgomo (Vilamartín) .
“Esta noite é Noiteboa; hai ledicia non hai dór. Mais cando a pasemos xuntos, ha de ser Noite-millor”. Así comenza a panxoliña que sona así:
Brindaron Enrique Álvarez, alcalde de Vilamartín; José Vicente Solarat; concelleiro de Cultura da Rúa; Débora Álvarez, directora das Letras de Florencio; Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do Barco; Elva Delgado, parente de Florencio e Jorge Moral, creador cultural.