A entidade solicitou colaboración ó director de Turismo para avanzar no seu proxecto
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse con membros da Fundación Florencio Delgado (despois dunha reunión ca directiva do Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV)) para coñecer os obxectivos, proxectos e a sede da mesma, na calle San Roque do Barco de Valdeorras.
No acto estiveron a concelleira de cultura do Barco, Margarida Pizcueta; Mari Carmen Álvarez, concelleira da Rúa; Aurelio Blanco Trincado, patrón da Fundación e tamén Miguel Bautista.
Margarida Pizcueta deu a benvida a Merelles se solicitoulle a colaboración da Axencia de Turismo de Galicia para a Fundación que pon o foco no eido cultural pero tamén turístico. «A primeira fundación cultural que se crea en Valdeorras, que tamén é turística, debe ser un espazo onde veciñas e veciños de Valdeorras e tamén os peregrinos que pasan por aiquí se poidan achegar e tamén os visitantes e turistas», expresou Pizcueta.
Xosé Merelles dixo que como director da Axencia de Turismo de Galicia e como responsable da Conservación e Promoción do Camiño de Santiago «é unha satisfacción estar na sede da Fundación e ver todo este traballo a prol dunha das figuras mais importantes da cultura valdeorresa, de tal relevancia que xa se lle dedicou un Día das Letras Galegas».
O director de Turismo de Galicia dixo que Florencio Delgado ten unha obra que «hai que conservar e difundir» e sinalou que se buscarán as fórmulas de colaboración.