O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse coa xunta directiva deste colectivo, lembrado as obras de mellora e seguridade do Camiño de Inverno
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo recentemente unha reunión cos integrantes da Xunta directiva da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, Enrique Álvarez, José Luis Rivera e María Ramón. Na xuntanza, presentáronlle os obxectivos e as accións previstas con motivo do décimo aniversario da oficialización desta ruta xacobea que se cumpre este ano.
No encontro manifestaron a importancia de continuar traballando na mellora dos servizos ao peregrino, na seguridade do itinerario e nos distintos investimentos necesarios para reforzar o atractivo do percorrido.
Así mesmo, abordánrose propostas de promoción turística que poidan incrementar o seu atractivo e valoráronse as accións realizadas ata o momento, buscando potenciar o Camiño de Inverno, co obxectivo de que a peregrinación repercuta positivamente nos municipios polos que discorren esta ruta.

Turismo de Galicia busca intensificar a promoción dos itinerarios xacobeos menos transitados. No marco do Plan Director dos Camiños de Santiago 2027, a Xunta impulsa actuacións destinadas á mellora da experiencia turística dos peregrinos e dos recursos turísticos vinculados ao itinerario, contribuíndo tamén ao seu desenvolvemento económico.
Mellora da seguridade viaria
Fixeron un repaso das actuacións enmarcadas no proxecto de trazado e construción dos 12 treitos comúns do Camiño de Inverno, que se atopan nos concellos de Carballeda de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Chantada, Rodeiro e Lalín. Esta actuación enmárcase no proxecto de mellora da seguridade viaria dos peregrinos no Camiño de Santiago no horizonte do vindeiro Xacobeo 2027, que se van realizar en máis de 150 quilómetros dos nove Caminos de Santiago para afastar aos peregrinos das zonas perigosas de circulación, contando cun investimento de ata 40M€.
En 2025, un total de 2.759 peregrinos realizaron o Camiño de Santiago de Inverno, dos cales o 44 % foron estranxeiros. España é o lugar de orixe da maioría destes peregrinos, seguido de Portugal, Italia e Estados Unidos, o que evidencia a crecente proxección internacional do itinerario.






