Será o sábado 29 de marzo no Centro Cultural Avenida organizada por la Fundación Florencio Delgado Gurriarán
A Fundación Florencio Delgado Gurriarán celebra este sábado na Rúa a súa primeira actividade cultural deste 2025 cun encontro centrado na lingua. A cita é ás 11,30 horas da mañá no Centro Cultural Avenida, onde se presentarán dous proxectos de investigación arredor da fala e un dicionario colaborativo do galego de Valdeorras.
Baixo o título «A fala valdeorresa e do Bierzo», o encontro contará coa participación da filóloga ruesa Noelia Estévez, quen analizará a fraseoloxía da comarca, e mais Sara Rodríguez, graduada en Tradución e Interpretación, quen presentará o seu traballo de Dicionario do galego do Bierzo.
O evento estará conducido por Margarida Pizcueta, membro da comisión de lingua da Fundación e concelleira de Cultura do Barco, quen presentará o proxecto colaborativo de Dicionario da fala valdeorresa desenvolto pola Fundación co apoio da Secretaría Xeral de Lingua da Xunta de Galicia.
Tralo coloquio, o evento continuará nunha adega e cova tradicional de Vilela, onde se fará unha aproximación ao léxico do viño coa participación dos viticultores Pío González Rodríguez e Celia Martínez Díaz.
A asistencia ás conferencias é libre ata completar aforo.
Para participar na visita abriuse unha inscrición que xa está completa, se ben aínda é posible anotarse á lista de agarda a través da web da Fundación.
PROGRAMA: «A FALA VALDEORRESA E DO BIERZO»
Centro Cultural Avenida da Rúa
- 11.30 Benvida
- 11.40 Noelia Estévez Rionegro: «Fraseoloxía de Valdeorras. Un retrato idiosincrático da comarca»
- 12.10 Sara Rodríguez Fernández: «Dicionario de Galego no Bierzo. Unha fala viva»
- 12.30 Margarida Pizcueta Barreito: «Dicionario da fala valdeorresa. Un proxecto colaborativo en liña»
- 12.45 Coloquio
- 13.00 Fin das ponencias e traslado á Vilela
Cova de Vilela
- 13.15 Benvida e visita guiada
- 14.00 Cata e petiscos
- 14.30 Fin da xornada