Os primeiros días de María Albert como alcaldesa da Rúa

Publicidad

Afirma que o tripartito BNG, RUA PSOE «non é unha loucura senón sinónimo de normalidade democrática», rexeita a forma de facer política «trumpista» e conta as prioridades para o municipio

A alcaldesa da Rúa, María González Albert, cumpre unha semana á fronte da institución municipal despois da súa investidura, o pasado 17 de xuño. Iniciou o goberno en coalición co RUA e o PSOE centrada na posta ao día e atención de urxencias, a primeira delas a apertura de piscinas municipais, xa abertas ao público e na posta a punto das festas e programación do verán e a limpeza e roza de maleza no municipio pois «foron meses de choivas e hai moita herba», di.

En canto as prioridades do novo goberno local para os próximos catro anos cita as comúns do tripartito, nas que dende o principio «houbo moita concordacia co RUA e o PSOE» —suliña— como é o abastecemento de auga, un servizo «que non se resolve en dous meses pero que é prioritario para este mandanto, tanto na calidade como na cantidade pois o ano pasado pasouse un verán moi complicado e temos que arranxalo nestes catro anos», engade.

Outra reforma prevista é a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) pois «despois de case sete anos de funcionamento fóronse detectando erros mellorables. O equipo de Urbanismo ten feito un informe onde se especifican. Non se resolve rápido pero queremos empezar xa», puntualiza María González Albert.

Publicidad
Publicidad

Trátase de modificacións que van dende regatos mal topografiados ata mudar as calificacións de solo xa que o planeamento «non permite facer, por exemplo, casas de dúas alturas nas zonas onde se contemplan cinco alturas e temos visto que o que mais demanda a xente na Rúa son vivendas unifamiliares. O feito de que non haxa suelo desas características fai que moita xente se vaia a vivir a municipios veciños e non nos podemos permitir perder poboación por esa cuestión». Tamén prevese cambiar as alturas dos pechamentos de parcelas, «pois eramos mais restrictivos que a propia Lei de Solo de Galicia e queremos adecuarnos á norma».

María González Albert tamén solicitou a primeira entrevista co conselleiro de Sanidade para saber que tempos e prazos manexa da execución do centro de saúde. «O Concello xa pedira licencia de obra aínda que execución non está licitada pola Xunta», conta.

A muller é tamén unha prioridade. Elaborarase un segundo plan de igualdade para o Concello da Rúa, centrado na realidade do municipio, xa que «o primeiro leva caducando moito tempo e as políticas de muller son moi importantes neste mandato».

María González Albert está contenta como nova alcaldesa da Rúa. Afronta un novo reto para traballar pola Rúa. Repite por segunda vez como rexedora. Defende A Rúa como «o mellor pobo do mundo para vivir. Eu fixen a miña vida fora e volvín para facer aiquí o meu proxecto de vida, como moita xente», di en alusión a que un dos retos tamén será tratar de conservar a poboación, que a xente quede na Rúa. «Non temos apenas parroquias rurais, temos moitos servizos e unha calidade de vida que eu creo que é envidiable para moitos concellos», expresa.

Valdeorras de Cerca: Dixo na súa toma de posesión que hai xente que non entedeu o tripartito

Eu creo que nos últimos anos chegou A Rúa unha forma de facer política que «eu non recordo aiquí, que calificaría de trumpista, circunstancia que uniunos moito os tres grupos do tripartito. Agora parece que o tripartito é unha loucura. Pero BNG, PSOE e RUA xa gobernamos antes, polo menos tres veces, e de forma bastante boa para o Concello da Rúa. Ten funcionado con anterioridade outras veces.

V de Cerca: As redes sociais ferveron nos últimos días…

Sí, intentei abstraerme moitas veces. Tiven que facer un exercicio de autocontrol. Creo que se tocaron límites que sobrepasan a propia convivencia e xa non é unha cuestión de legalidade. Todo o mundo pode pensar o que queira, pode ter a súa ideoloxía, ten dereito a estar enfadado porque gobernen uns ou outros, eso entra dentro da normalidade. Pero cando se sobrepasa o límite non é bon para ninguén. Vicente Solarat no propio pleno de investidura lanzou un desexo de que cada día sexa mais facil vivir, respirar e convivir na Rúa e deso se trata. Neste senso os tres grupos estamos estamos moi en sintonía, tivemos unha negociación moi xenerosa, non houbo vetos nin líneas vermellas, todos tiñamos claro o que era fundamental.

Vde Cerca: ¿Que diría aos que din que en política todo vale?

Estamos nunha democracia, hai unhas normas que igual que valeron hai catro anos para que gobernase un bipartito, agora vale para que goberne un tripartito ca mesma naturalidade. Igual de democrático é que goberne un goberno en minoría que un tripartito para facer unha maioría. É a normalidade democrática. Levo moitos en política e a educación política é fundamental. Non hai que fomentar o trumpismo, falar de derrocar un goberno, dos fallos do sistema, esto non beneficia a ninguén. Hai que fomentar a afección política e non a desafección. Todos coñecemos a legalidade e hai que xogar cas cartas marcadas.

V de Cerca: Dende fora pode dar impresión que na Rúa se «sacan as escopetas», pero non é así…

A Rúa non e eso, dende logo. O noso obxectivo é que a tranquilidade siga na Rúa. Nestes primeiros días empezamos a notar mais tranquilidade aínda que queda algún resto post-investidura que espero e desexo que se vaia calmando co propio devenir do mandato e podamos normalizar a situación política e de veciñanza na Rúa, que creo que é moi necesario. Digo sempre, e o repetirei mil veces, que aiquí todos e todas somos veciños. Somos un pobo de 4 mil habitantes e o fundamental é a convivencia e o elemento central polo que nos imos guiar este mandato.