O Proxecto Lugares chegou a Valdeorras cun obradoiro nas Covas de Seadur

Publicidad

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación desta iniciativa para transformar o espazo público do Camiño de Santiago a través da paisaxe, arquitectura, deseño e artesanía

Publicidad

O Proxecto Lugares, a iniciativa de transformación do espazo público no Camiño de Santiago a través da paisaxe, arquitectura, deseño e artesanía, chegou hoxe a Valdeorras.  Logo de dúas xornadas de encontro e debate no Castelo de Pambre, en Palas de Rei, as e os participantes do taller desprazáronse ata Larouco, concretamente até as Covas de Seadur, lugar no que desenvolverán un obradoiro en colaboración con axentes locais até o vindeiro sábado.

A alcaldesa do municipio, Patricia Lamela, a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, a responsable territorial da Fundación “La Caixa”, Susan Santos, e a arquitecta técnico  especialista na arquitectura do viño, Carina Rodríguez, recibiron aos participantes no taller do Proxecto Lugares. 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do obradoiro levado a cabo ao abeiro do Proxecto Lugares, unha iniciativa impulsada pola Xunta e a Fundación “La Caixa” .

Publicidad

Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia explicou que este proxecto, enmarcado no cumprimento do Pacto Verde Europeo, propón, da man da comunidade local, imaxinar e deseñar intervencións paisaxísticas e arquitectónicas sostibles, con materiais naturais e de proximidade, coa intención de poder implantalas en territorios atravesados pola ruta xacobea.

As covas de Seadur acollen o obradoiro do proxecto para a transmisión de técnicas e coñecementos de arquitectura, deseño, paisaxe e artesanía, e poder levar a cabo unha maqueta ou prototipo dunha posible intervención nun espazo público do Camiño de Santiago.

Nava Castro indicou a importancia deste proxecto porque contribúe a fortalecer mediante actuacións paisaxísticas o Camiño de Santiago para poñer en valor e transformar dun xeito sostible un dos itinerarios máis transitados do mundo.

O Proxecto Lugares é unha iniciativa de pensamento contemporáneo, aprendizaxe e intervención na paisaxe desde unha mirada transdisciplinar no contexto do Camiño de Santiago, coa intención de perdurar até o vindeiro Ano Santo 2027.

Aúna mediante un enfoque ambiental, sostible e inclusivo, novas experiencias nos viaxeiros que conforman a ruta Xacobea.