A concelleira de Cultura do Barco invitou a reflexionar aos concelleiros da Corporación durante o aprobación no pleno dunha moción nacionalista sobre a língua
A aprobación dunha moción do BNG por unanimidade dos grupos da Corporación no pleno do Barco (incluindo unha enmenda transaccional do PP que aceptou o portavoz nacionalista Suso Vilasánchez), na que solicitou a adhesión do Concello á Iniciativa Xabarín do Parlamento de Galicia (PNP-001472) para contar con mais horas de televisión en galego na TVE e medios audiovisuais, xerou un inciso na sesión da concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, que chamou á reflexión sobre a evolución do idioma galego. Considera que «se está perdendo».
Margarida Pizcueta citou as razóns polas que «é tan necesario que o galego esté nos medios e canles televisivos». A Mesa pola Normalización Lingüística —dixo—, que está traballando polo galego en todos os ámbitos, no seu último estudo poñía de relevancia un dato «que é moi preocupante», valorou, que dicía que seis de cada dez menores de 15 anos «non ten competencias nin na lectura nin na fala da súa lingua.
Como galegos «debemos preservar e, sobre todo que tenga esa lingua unha continuidade xeneracional», destacou.
A concelleira disculpouse por alonxar aos edís do protocolo do pleno en lanzoulles catro preguntas que respostaron a man alzada para facer así unha diagnose conxunta do idioma galego: «¿cantos dos que estamos aiquí os seus abós falaban en galego? ¿Dos nosos pais cantos falaban galego? ¿cantos de nos usamos o galego nas nosas relacións? ¿e cantos lle falan galego os seus fillos?
Con este pequeno xogo, engadiu, queda constado que «o galego ten un problema, está quedando sin referentes. Os nosos fillos estanse quedando sin referencias».
Margarida Pizcueta valorou que á língua nai «lle pasa o mesmo que ao cambio climático: Hai moita xente que é moi escéptica e pensa que o galego non está en perigo de desaparición».
Apuntou que «non me da vegonza confesalo pero eu comencei a falar galego aos 22 anos. Os meus pais e abós o falaban e, polo tanto, non me foi difícil. Pero si no ámbito familiar os nosos fillos non teñen referentes, ¿como poden aprender a nosa língua?», preguntou. «Poden falar castelán, inglés, alemán, pero ¿por qué non galego?».
De aí, dixo, a importancia da Iniciativa Xabarín do Parlamento, que se chama así porque o programa Xabarín Club foi o programa que conseguiu «mais que todas as leis de normalización lingüística que houbo en toda a historia de Galicia, refrendada por 33.000 personas». Por primera vez, recordou, os principais partidos votaron no Parlamento a favor da citada iniciativa.
«O galego desaperecerá si ninguén o queire falar. Todos nos podemos facer algo pola nosa língua pero, sobre todo, as institucións deben facelo, non so as autonómicas, tamén as do Estado, que tamén teñen moito que dicir e así o dixo o Consello Europeo na Carta Europea das Linguas facendo recomendacións en tanto que teñen que poñer urxentemente remedio porque senón o a volta de 60 ou 70 anos quedaremos sin língua e sería unha magoa para Galicia», concluiu a concelleira.