Margarida Pizcueta, a filóloga e concelleira entusiasta de Florencio

Publicidad

A edil de Cultura de O Barco valora o recoñecemento de Delgado Gurriarán nas Letras Galegas de 2022, conta a programación de «O Cristo» e fala da estreita relación entre El Bierzo e Valdeoras

Margarida Pizcueta leva seis anos como concelleira de Cultura e Educación no Concello do Barco. Neste tempo, a nova que lle procurou mais ledicia,non só como concelleira, senón como filóloga e a nivel persoal, chegou o día que a Real Academia Galega anunciou a dedicación das Letras Galegas de 2022 para Florencio Delgado Gurriarán.

Entusiasta do poeta de Córgomo e promotora do proxecto «As Letras de Florencio», Margarida Pizcueta, cree que dito feito situará a Valdeorras no mapa literario e cultural.

Como concelleira observa a evolución que tivo o hábito da cultura no Barco nos últimos anos. A poboación responde aos eventos que se programan.

Publicidad

Pizcueta é de Cangas. Chegou a O Barco hai 27 anos, concretamente en outubro de 1993, recién licenciada en Filoloxía. E xa quedou a vivir. Aprecia a calidade de vida que hai en Valdeorras. «Aquí se vive moi ben. Me atopo como na miña casa, que o é», dí.

¿As Letras para Florencio no 2022 significan…?

Conseguir que o Día das Letras Galegas sexa o vindeiro ano para Florencio, para un poeta valdeorrés, cando xa hai casi 20 anos que tentouse e non se acadou, é un logro dende o punto de vista persoal e como filóloga. Para mí é o culmen de toda unha carrera, de todos esos anos de estudo e de poder renderlle homenaxe. Pero tamén supón poñer en valor Valdeorras, poñela no mapa cultural. Por exemplo, A Terra Chá ten Manuel María; O Caurel, a Anxel Fole e nos tiñamos a Florencio, pero ninguén o recoñecía, incluso dende Valdeorras. Agora Florencio e Valdeorras van ir da man. Poñer a Valdeorras no mapa literario é, para mín, o máis importante.

¿Qué repercusión está tendo Florencio Delgado Gurriarán agora?

O Día das Letras axuda moito. A repercusión que está tendo Florencio dende que xa saiu como nominado a ese título é moi grande. Non íamos conseguilo con ninguna outra actuación que non fora as Letras. É recoñecer todo o seu labor e traballo, non só no ámbito literario senón tamén no ámbito da cultura e da recuperación, epolo seu grao de arena —que non foi un grao senón un cubo enteiro— para que o galego, Galicia enteira e a cultura galega non esmorecesen durante unha etapa difícil.

Publicidad

¿Qué vai pasar a partires de agora?

Temos que cuadriplicar o traballo. As expectativas que se teñen sobre As Letras Galegas de Florencio son enormes. Con Florencio va moitísima xente que marchou con el para México e que, polo tanto, contribuiron a conservar a cultura galega e a galeguidade en México. Non é so Florencio, non é so Valdeorras, senón un conxunto de personas que van ir nese lote. Quédanos moito traballo por diante, que esperemos que sexa en conxunto, de Valdeorras. A unión suma e, neste caso, ten que ser unha tarefa da comarca. É unha honra para Valdeorras. Dende o minuto cero empezamos a traballar, tivemos reunións para coordinar como vai ser o ano 2022.

Imaxino que haberá moitas actividades en torno á figura de Florencio…

Non so aquí, senón en toda Galicia. Tamén en todos os países e rexións onde hai centro galego. Organiza a Real Academia Galega. Nos, dende o Proxecto As Letras de Florencio tentaremos facer actividades. Teremos Florencio os 365 días do ano, pero sin perder o Norte porque este ano é o de Xela Arias. Dende o proxecto de Florencio continuaremos cas actividades que xa estaban previstas antes do nomeamento como o Premio de Poesía (xa convocado) e a Gala de Poesía.

Publicidad

O Proxecto As Letras de Florencio sigue…

Sí. Tivemos a inmensa sorte de atopar a Débora Álvarez, que foi un motor. Despois se convertiu en proxecto comarcal. Dende o principio, ela asumiu o reto. Involucramos a outros concellos. O proxecto continúa.

«Haberá programación cultural no Cristo, pero non se lle pode chamar festas»

¿Setembro achegará as Festas do Cristo?

Non se lle pode chamar festas porque non se vai poder desenvolver un programa como en calquera outra festa. O chamamos Programa Cultural Festas do Cristo. O que queda pendente de confirma é o pregón e o espectáculo pirotécnico, que dependerá da situación epidemiolóxica. Actividades culturales si que vai haber.

¿Cómo será o programa?

Serán espectáculos co público sentado, limitación de aforo e primando o público familiar. As festas son de todos, pero os nenos e nenas terán un protagonismo especial. Haberá mosaico no Sil, como vense facendo cada ano, tentando completar a parte que xa está feita. Entendemos que conformamos unha serie de deseños e agora queremos darlle unha continuidade. Haberá tamén feira de productos tradicionais.

¿Orquestras non?

Non, tendo en conta a pandemia. Tamén queda pendiente de evaluar o tema deportivo.

Se houbese pregón, ¿quen será o pregoeiro?

Temos prevista unha persoa, pero non podemos avanzar nada. Hai que ver si pode haber ou non pregón.

«O Bierzo e Valdeorras somos unha familia»

Este ano celébrase o bicentenario da «provincia del Vierzo», ¿estará presente O Barco. Os lazos ca comarca leonesa veciña son cada vez mais fortes?

Supoño que chegará a invitación. Os lazos son estreitos. Eu particularmente miro mais ao Bierzo que a Ourense. As señas de identidade son mais Valdeorras-Bierzo que Valdeorras-Ourense. A relación que temos é cooperar e interactuar. Non se necesita reforzo porque tanto O Bierzo como Valdeorras son conscientes da unión que hai. É unha relación casi fraternal. E sempre que imos alá nos tratan como si fósemos da familia do Bierzo. E nos aiquí, tamén correspondemos. Non hai fronteiras físicas nin emocionais, hai fronteiras administrativas ou políticas.

De feito hai un intercambio cultural permanente

Sí. É recíproco. Cando se organiza algo no Bierzo alí estamos. Son do Sil era un dos grupos valdeorreses que abría as Festas da Encina. E ao revés, nos programas De Perto e Terrasón tamén hai grupos do Bierzo. E este ano mais tendo en conta a celebración do bicentenario.