Margarida Pizcueta: «As Letras de Florencio son un sono cumprido»

Publicidad

«É unha grande noticia que convirte a O Barco e Valdeorras en protagonistas da cultura galega», di a concelleira de Cultura

O Concello do Barco quere mostrar a súa satisfacción pola decisión da Real Academia
Galega de adicar o Día das Letras Galegas 2022 ao escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. Esta elección chega despois de 5 anos de intenso traballo de todos os integrantes do proxecto “As Letras de Florencio”, di Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura.

Trátase polo tanto dunha antiga reivindicación da comarca e tamén dun sono cumprido”, engade Margarida Pizcueta, unha das primeiras impulsoras da iniciativa, que destaca a importancia que esta designación ten para O Barco e para toda a comarca de Valdeorras.

O intenso traballo, especialmente nos dous últimos anos, permitirá que en 2022, Florencio Delgado Gurriarán, O Barco e Valdeorras sexan os protagonistas da cultura galega.

Publicidad

“A pesar de que se celebre no ano 2022, a decisión da Real Academia Galega prodúcese neste 2021, o que o convirte nun ano maravilloso, ao coincidir esta gran noticia, co centenario do nacemento de Lauro Olmo, e o centenario da morte de Elena Quiroga”, di Margarida Pizcueta.

O Concello quere dar a grazas a todas as persoas, organismos e institucións que traballaron arreo para lograr este obxectivo, e tamén á Real Academia Galega pola decisión adoptada.