O conselleiro de Sanidade visitou a nova área de farmacia e ciruxía maior do Hospital de Valdeorras

Publicidad

Julio García Comesaña presentou a alcaldes e alcaldesas do distrito sanitario as instalacións que comenzarán a funcionar nos vindeiros días

A Xunta de Galicia vén de rematar as obras de farmacia e cirurxía maior ambulatoria do Hospital de Valdeorras e, “en cuestión de días, pecharanse os detalles que faltan para finalizar todas as instalacións, a colocación do mobiliario e a conexión de todo o novo equipamento, que, no caso da farmacia, supera os 200.000 euros”. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na súa visita a este hospital da rede do Sergas, acto no que presentou aos alcaldes e alcaldesas deste distrito sanitario as novas instalacións que comezarán a funcionar nos vindeiros días.

Na visita estiveron o xerente da Área Sanitaria, Félix Rubial; os alcaldes do Barco, A Rúa e A Veiga, Alfredo García, Álvaro José Fernández e Juan Anta e a alcaldesa de Carballeda, María del Carmen González, ademais de personal do centro sanitario.

Tal e como remarcou o conselleiro no acto xa entraron en funcionamento hai semanas o novo hospital de día oncohematolóxico e a nova área de dixestivo e, actualmente, “están en plena execución as obras de reforma das consultas externas”.

Publicidad

Segundo detallou Comesaña das novas áreas, “a de farmacia vai facilitar a atención aos pacientes ambulatorios que veñen retirar a súa medicación prescrita e con mellores cabinas de preparación de fármacos”.

Pola súa banda, a área de cirurxía maior ambulatoria “conta cunha ampliación fundamental da zona de atención preoperatoria e de readaptación ao medio, con visión directa dende o control de enfermería”.

Estas son as dúas áreas que completan o contrato que abarca tamén o novo hospital de día oncohematolóxico e a nova zona de dixestivo, quedando pendente a reforma das consultas externas, “que vai permitir ter eses novos espazos para os que se adquiriu un tomógrafo e un biómetro para a área de oftalmoloxía e un ergómetro para a de cardioloxía”.

Todo este equipamento, tanto en obra como en equipamento e da renovación do mobiliario supón que, nesta lexislatura, “a Xunta investirá neste hospital máis de tres millóns de euros”, -remarcou o responsable do Sergas-.

Convocatoria de 21 prazas

Tamén destacou o conselleiro na súa intervención a convocatoria de prazas por concurso de méritos para atraer no Hospital de Valdeorras a un total de 21 especialistas. En concreto, son dúas prazas de cirurxía xeral e dixestiva, dúas de medicina interna, dúas de medicina de urxencias, dúas de xinecoloxía, dúas de farmacia hospitalaria, dúas de hematoloxía e unha de cada unha das seguintes especialidades: dermatoloxía, endocrino, enfermería especialista de saúde mental, hospitalización a domicilio, microbioloxía, oftalmoloxía, otorrino, pediatría e radiodiagnóstico co que, “á volta do verán, o Hospital de Valdeorras terá 21 novos especialistas con praza fixa que van permanecer no centro polo menos dous anos”. Segundo remarcou Comesaña, “esta convocatoria deixa ben clara a aposta que ten a Xunta pola continuidade e mellora deste hospital”.

Aposta polos hospitais comarcais

“Aquí non hai hospitais de primeiro e segundo nivel respecto á importancia”, -proseguiu Comesaña-. Algúns teñen máis poboación asignada ou son a sede de servizos de cabeceira, pero todos eles, os 14 complexos hospitalarios, “forman parte dunha rede que é a que nos permite que en Galicia o 85% da poboación estea a menos de 30 minutos do seu hospital de referencia, e todos os centros do Sergas forman parte dun hospital único que comparte recursos materiais, tecnolóxicos e humanos”.

O titular da carteira sanitaria subliñou que, nesta lexislatura, os sete hospitais comarcais están a experimentar reformas ou ampliacións e, ademais, tamén estes sete centros están presentes en todas as compras centralizadas que a Xunta aprobou nesta lexislatura para a rede hospitalaria galega. Así, “en poucos días farase a de estacións de quirófano e o Hospital de Valdeorras volverá a estar incluído, como en todas as anteriores”.

O mesmo se fixo en materia de equipamento tecnolóxico cos fondos europeos, decidindo que tiñan que chegar aos 14 hospitais galegos e, a tal efecto, a Xunta renovou os TACS de todos os comarcais. Concretamente, “o novo TAC de Valdeorras, que se instalará neste verán, supón un investimento de 300.000 euros”.

Tamén remarcou o conselleiro, que dende 2019, a Xunta comezou a premiar cunha puntuación adicional nas ofertas públicas de emprego o compromiso dos profesionais que están a prestar servizo nos hospitais comarcais.