Gran Festa dos Maios no Barco con feira de artesanía, música e o Mago Teto

Publicidad

No caso de que chova desenvolverase no pavillón da rúa España

A Festa dos Maios organizada polo Concello do Barco celebrarase no Pavillón Polideportivo da rúa España no caso de que finalmente se cumpran as previsións de choiva existentes neste momento. No Pavillón instalaranse tanto os participantes na Feira como os Maios. Inscribíronse 5 Maios enxebres, 3 artísticos e 2 arcos florais. Tamén hai 4 participantes no Concurso das coplas.

Na Feira de Artesanía haberá 22 participantes en total, con xoguetes de madeira, artesanía de mimbre, libros, artigos de madeira, artesanía de coiro, alimentación, bisutería e artesanía en tela. Tamén haberá unha pulpeira no recinto e animación musical do grupo de música e danza tradicional “Lembranzas da Ría”.

Pola tarde, ás 18,00 horas, actuará o Mago Teto co espectáculo “O Afiador”.

Publicidad

A entrega de premios será as 19,00 horas. O Concello repartirá máis de 1.700 euros nos tres concursos que se convocaron. No que se refire aos Maios haberá tres premios para cada unha das dúas modalidades (artísticos e enxebres): o primeiro premio, de 350 euros o segundo, de 300, e o terceiro, de 200 euros. Tamén se outorgarán dous accésits de 100 euros cada un.

Para o concurso das Coplas hai previstos dos premios, de 250 e 150 euros e dous accésits de 75 euros, e na categoría de arcos florais hai un único premio: un lote de libros por valor de 120 euros.

Na categoría de Maios enxebres os participantes son: ASFAVAL, ANPA Aturuxo, CEIP Plurilingüe Condesa Fenosa, CEIP Ramón Otero Pedraio e ANPA Divina Pastora.

Na modalidade de Maios artísticos participan: CEIP Ramón Otero Pedraio, CEIP Condesa de Fenosa e DISVALIA.

Presentarán arcos florais: o CEIP Condesa de Fenosa e ANPA Divina Pastora.
Concorrerán con Coplas: ANPA Aturuxo, CEIP Conde de Fenosa, CEIP Ramón Otero Pedrayo e ANPA Divina Pastora.