Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura, animou a participar remarcando que esta tradición está moi viva
A concelleira de Cultura do Concello do Barco, Margarida Pizcueta, presentou os Maios, que se festexarán o 1 de Maio, unha tradición que —dixo— sigue moi viva e que se conserva en poucas localidades de Galicia. De feito, «o próximo ano gustaríanos recuperar o maio humano, figura que existía no pasado». A celebración repartirá máis de 2.300 euros en premios e o prazo de inscripción está aberto, ata o xoves 29 de abril, para participar.
Margarida Pizcueta indicou que os premios, en cada unha das dúas modalidades (artísticos e enxebres) son 350€ (primer premio); 300€ (segundo premio); 200€ (tercer premio) e dous accésits de 100€.
Os importes dos premios para as Coplas son 250€ para o primeiro premio; 150€ para o segudo e dous accésits de 75€
O premio único estipulado para os participantes na categoría de Arcos florais é un lote de libros por valor de 120€.
«Non queremos que ninguén se quede sen premio», remarcou a concelleira de Cultura.
A concelleira de Cultura valorou que é un logro que unha tradición remota como os Maios non morra. «É grazas a participación. En Galicia moi poucas poboacións celebran esta festa. No Bierzo tamén», expresou.
Dixo que a partir das 11,00 horas poderán visitarse os Maios. Ás 12,00 horas haberá unha actuación do grupo de música e baile tradicional «Cantigas e agarimos». Ás 13,00 horas será o canto de coplas; ás 18,00 horas haberá un espectáculo familiar, «O Carballo con botas» (unha peza arraigada no noso entorno máis próximo, que fala dos incendios e da importancia de conservar as nosas árbores) e as 19,00 horas será a entrega de premios.
Margarida Pizcueta dixo que este ano será máis difícil encontrar xestas para os maios, debido aos incendios, aínda que «nas ladeiras de Alixo que non se queimaron, hai moitas».
De forma paralela, haberá un mercadiño, organizado polo Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco, ao que lle agradeceu a súa participación. Ademáis, a citada asociación fará «o voto aberto» mediante el que calquera persona poderá votar ao mellor maio.
Finalmente, lanzou un desexo para o vindeiro ano: tentar recuperar a figura humana do maio que no pasado existía.







