A inscrición para participar nos Maios no Barco, do 5 ao 29 de abril

Publicidad

O Concello repartirá 1.700 euros en premios

Os Maios serán o próximo o 1 de maio de 2024 na Praza do Príncipe do Barco de Valdeorras. O Concello repartirá algo máis de 1.700 euros aos participante nos tres concursos convocados con motivo desta celebración: maios, coplas e arcos. As inscricións poden realizarse entre o venres 5 de abril e o luns 29, ambos incluidos, no local do Centro Comercial Aberto do Barco (no viveiro de empresas) ou ben no teléfono 634 19 40 31.

Os importes establecidos para os Maios, en cada unha das dúas modalidades (artísticos e enxebres) son o primeiro premio de 350€; o segundo, de 300€; o terceiro, de 200€ e dous accésits de 100€

Os importes dos premios para as Coplas serán de 250€ (primeiro premio), 150€ (segundo premio) e dous accésits de 75€

Publicidad

O premio único estipulado para os participantes na categoría de Arcos florais é un lote de libros por valor de 120€.

As persoas físicas ou xurídicas que se presenten a este concurso poden facelo cun único proxecto de actividades ou con varios, valorándose cadanseu dun xeito independente. Deberán atender aos seguintes criterios:

Composición e recitado de coplas. As coplas concursantes deberán estar escritas en galego. Por limitacións de tempo, o xurado poderá indicarlle as persoas participantes que escollan unhas estrofas das súas coplas para ser cantadas, que serán, como mínimo, dez estrofas.

Elaboración e exhibición de Maios. Os Maios poderán ser de feitura enxebre ou artística, utilizando en todos os casos elementos vexetais (non protexidos) como os únicos que sexan visibles no acabado final. Os  Maios deberán estar ás 11:30 horas na praza do Príncipe de Asturias, no lugar que dende a organización se lles asigne e deberán ser retirados da praza ao finalizar o acto. 

Elaboración e exhibición de Arcos florais. Estes elementos poderán ser de feitura enxebre ou artística, utilizando en todos os casos elementos vexetais (non protexidos) como os únicos que sexan visibles no acabado final. Os  Arcos florais serán expostos na praza do Príncipe de Asturias, no lugar que se lles asigne polos membros da organización, e deberán ser retirados da praza ao finalizar o acto.