O Concello da Rúa programa actividades contra a violencia machista

Publicidad

Celebrará o 25N proxectando documentais, impartindo charlas e iluminará os espazos públicos ca cor violeta

O Concello da Rúa vén de facer público o seu programa de conmemoración do 25 de Novembro, día internacional para a erradicación das violencias machistas. A planificación do Concello inclúe actividades destinadas ás distintas franxas de idade e ten un obxectivo fundamental dirixido á formación e concienciación sobre as variadas formas que adquire a violencia sobre as mulleres nos diferentes ámbitos da vida. O obxectivo é claro: Lograr que A Rúa sexa un Concello libre de violencia machista.

Así, hoxe luns 20 de novembro procederase á iluminar de violeta distintos espazos públicos para visibilizar a actualidade dunha problemática que atinxe ao conxunto da sociedade. Ademais o Concello publicará ao longo de toda a semana datos relacionados coa situación de desigualdade das mulleres na nosa sociedade.

Publicidad

O programa é o seguinte:

Publicidad

VENRES 24 DE NOVEMBRO

19:00h. Proxección do documental “Patriarcado: el organismo nocivo” e obradoiro posterior no Centro Cultural Avenida. A entrada é de balde. A temática xira arredor de «4 mulleres poderosas, cunha capacidade de reflexión máis grande que as súas propias historias. A súa sorprendente mirada e reflexións sobre a violencia machista, desde a forza, sen victimización nen paternalismo. O documental transcorre poñendo luz sobre cuestións aínda en penumbra, para desaprender, coa neceisdade de nos recoñecer nas demais persoas”.

Publicidad

SÁBADO 25 NOVEMBRO
12:00h. Presentación Con-fluencias no Centro Cultural Avenida
19:30h. Proxección do filme “Volver a empezar (Herself)”

LUNS 27 DE NOVEMBRO
8:30h -17:00h. Charlas informativas para a mocidade sobre “Agresións sexuais e violencia sexual” nas que participará o alumnado do IES Cosme López e Colexio Diocesano Pablo VI.

MARTES 28 DE NOVEMBRO
17:30h. Xornada informativa impartida pola Asociación QuerEndo no aula multiusos do Concello sobre a “Endometriose: A epidemia oculta”.