A Corporación municipal realizou un acto de recoñecemento e homenaxe aos equipos o Día das Letras Galegas no salón de plenos do Concello
A Corporación municipal de A Rúa, ca presenza de todos os grupos políticos, fixo un acto de recoñecemento público e homenaxe, o Día das Letras Galegas, o CD RUA, O Rúa Valdeorras Fútbol Sala Femenino (FSF) e o Clube de Tenis Rúa, polo ascenso nos deus primeiros casos e os éxitos deportidos acadados dos tres equipos nesta tempada.
O alcalde «popular» Álvaro Fernández quen, deu as grazas aos deportistas e dixo sentirse orguioso dos equipos. O mesmo fixo José Vicente Solarat (R.U.A), o portavoz do PSOE, Luis Fernández Gudiña, e os nacionalistas María González Albert e Avelino Fernández Seco.
Os tres equipos da Rúa son todo un referente a seguir pola súa entrega e os logros acadados.